DR. NICOLÁS TABOADA LEAL

Foi o primeiro médico que diagnosticou un caso de cólera en España no 1833. A meirande parte do seu facer profesional adicouno á loita para erradicar esta enfermidade , mal endémico na Ría de Vigo. Era a primeira epidemia. A segunda tivo lugar entre 1853 e 1854, momento no que o cesan de todos os seus cargos. As autoridades non querían recoñecer que a epidemia fose cólera.

Neste campo, defendeu a necesidade que tiña Vigo de contar cun “lazareto para cuarentenas”, dos barcos que viñan doutros mares. Así, foi un dos artífices e impulsor, xunto con Norberto Velázquez Moreno, da instalación dun lazareto na illa de San Simón, no 1842. No 1838 apróbase a súa construción.

Ademáis no 1840 publica a primeira topografía médica de Galicia, na que recolle datos históricos e xeográficos da cidade de Vigo. Un libro de medicina vinculado co hixienismo (un xénero literario do século XIX), no que ademáis de recoller os aspectos sanitarios, incorporábanse datos históricos, xeográficos, climáticos e flora. Razón pola que o Concello de Vigo o nomea Cronista Oficial da Cidade, sendo o primeiro en ostentar este título.