Rectoscopio Conde
O rectoscopio é un instrumento tubular duns 10- 15 cm. con sistema óptico incorporado para o exame do recto. Emprégase para a proba chamada rectoscopia: una técnica de exploración vía endoscópica pola que se pode observar a parede interior do recto, coa finalidade de detectar a existencia de pólipos, tumores e outras patoloxías do tracto rectal.
O rectoscopio consta dun tubo guía ríxido, cunha lonxitude duns 15 cm. e preparado para conter outros de diferentes diámetros dacordo cos tipos de exploración e características idiosincrásicas. Ademáis dos accesorios inclúe un aparato de iluminación directa e no seu extremo está dotado dunha cámara (endoscopio) que neste caso introdúcese polo ano. As imaxes captadas pódense visualizar nunha pantalla de tal xeito que o doutor pode observar as paredes interiores do recto coa fin de detectar as posibles alteraciones patolóxicas nelas.
O tubo ten a posibilidade de incorporar unhas pinzas para tomar mostras do tecido (biopsia) e proceder á súa análise patolóxica.
A rectoscopia permite á diagnose de diferentes enfermidades que afectan ao recto: pólipos, hemorroides internas ou un tumor maligno. A día de hoxe realízase con sedación polo que non é unha proba dolorosa para o doente.