O pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey é un dos artistas galegos vivos de maior proxección internacional. As súas esculturas emprázanse en lugares públicos das cidades máis importantes do occidente europeo. En España conságrase definitivamente coa publicación da monografía de Ratcliff por edicións La Polígrafa. Jorge Castillo vive actualmente entre Suecia e España onde continúa desenvolvendo a súa actividade artística.
Escultura del mar. Jorge Castillo Casalderrey
O pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey é un dos artistas galegos vivos de maior proxección internacional. As súas primeiras manifestacións plásticas comezan a desenvolverse en Arxentina, onde a súa familia emigra cando conta tan só cun ano de idade. Alí reside ata que aos 22 anos regresa a España cunha maleta chea de ilusións e un estilo de pintar próximo ao surrealismo. Instalado en Madrid, pronto o seu talento destaca entre os círculos artísticos da capital. En 1960, tras participar na Bienal de Sao Paulo, trasládase a Barcelona, dende arranca unha importante traxectoria profesional, con actividades en París, Italia, Xenebra ou Berlín, entre outras capitais. En 1968 concorre á Documenta de Kassel co seu emblemático Tríptico de Palomares: obra cun forte contido crítico sobre a caída accidental de bombas nucleares americanas no Mediterráneo, cerca das costas do pobo almeriense de Palomares. O prestixio de Castillo consolídase día a día e a súa traxectoria expositiva pasa polas más prestixiosas galerías do mundo.
En 1969 é invitado a residir e traballar durante un ano en Berlín, onde realiza numerosas pinturas, gravados e esculturas. Nos anos sesenta a fama de Castillo consolídase e inaugura exposicións nas principais galerías do mundo, o que da lugar a que escriban sobre Castillo os máis importantes críticos.
En 1977 aparece a primeira monografía sobre o artista galego, escrita por Werner Haftmaum.
En 1982 vincúlase á célebre galería Malborough, árbitro da arte contemporánea de EEUU.
Edítanse novas monografías en diversos países entre elas a escrita por Carter Ratcliff. As súas esculturas emprázanse en lugares públicos das cidades máis importantes do occidente europeo. En España conságrase definitivamente coa publicación da citada monografía de Ratcliff por edicións La Polígrafa. Os máis importantes museos do mundo adquiren obra súa, como o Guggenheim de Nova Yorke, onde o artista fixa a súa residencia e ten un amplo estudo.
Na súa cidade natal, Pontevedra, adícaselle unha sala especial durante a celebración da Bienal, en 1988.
A citada galería neoiorquina e o Meadows Museum de Dallas, Texas, adícanlle grandes exposicións que se repiten en Barcelona e Santiago de Compostela durante o ano 1990.
Tanto como a súa pintura, importan á súa escultura e obra gráfica, probablemente o aspecto que máis o proxectou en ámbitos internacionais. A súa obra figura en museos de todo o mundo, desde Estados Unidos a Xerusalén.
Jorge Castillo vive actualmente entre Suecia e España onde continúa desenvolvendo a súa actividade artística. No momento actual está a traballar nun proxecto do goberno sueco, para pintar de xeito natural as principais cidades e vilas dese país. Así, está percorrendo Suecia co seu cabalete, iniciando esta andadura en Helsingborg onde ten a súa residencia e o seu estudo.