1798-1883

Dr. Nicolás Taboada Leal

Foi o primeiro médico que diagnosticou un caso de cólera en España. A meirande parte do seu facer profesional dedicouno á loita para erradicar o cólera, mal endémico na Ría de Vigo.
Neste campo, defendeu a necesidade que tiña Vigo de contar cun “lazareto para cuarentenas” dos barcos que viñan doutros mares. Así, foi un dos impulsores, xunto con Velázquez Moreno, da instalación dun lazareto na illa de San Simón.
Ademais, publicou a primeira historia de Vigo en 1840. Tras esta publicación, o Concello de Vigo nomeoulle Cronista Oficial da Cidade, sendo o primeiro en ostentar este título.