Hospital do Meixoeiro

O Hospital do Meixoeiro abre as súas portas por primeira vez o 15 de novembro de 1989 con 68 camas, dous quirófanos e actividade exclusivamente cirúrxica.

No 2011 o Hospital do Meixoeiro cumpría un cuarto de século acollendo a miles de pacientes e historias que poder contar ó longo dos seus corredores. Baldomero Fernández, o seu primeiro paciente descubriu naquel ano unha placa conmemorativa do nacemento do centro que, a día de hoxe segue a funcionar coas especialidades e unidades máis recoñecidas de toda España.

Código de emoción. Xose Luis Otero Becerra

Nado en Xinzo de Limia, provincia de Ourense, no ano 1967, Otero Becerra fixa a súa residencia en Vigo obtendo diversos recoñecementos pola súa obra e traxectoria profesional. Entre eles, o feito de vestir os corredores dos hospitais galegos de referencia como puido ser O Meixoeiro no seu momento, e o Hospital Álvaro Cunqueiro agora.

Código de emoción é unha obra abstracta -tal e coma él apuntou nunhas declaracións ó xornal a Voz de Galicia-, na que debuxou tintes sanitarios en formas nas que se pode albiscar un goteiro.

O prolífico pintor e escultor galego atrapa un instante concreto e o convirte nun lugar para sempre. O vigoroso empastado do seu trazo desemboca nunha mistura impresionista e posimpresionista en canto o uso dos pinceis.

Nalgunhas pezas, o concepto figurativo da súa obra muta ata unha abstracción nas formas, que se van difuminando coma se as houberan sometido a unha gran ampliación, acercando unha flor ou unha rosa a escasos milímetros do ollo.