D. JOSÉ ELDUAYEN GORRITI
Foi un dos principais próceres de Vigo. Marqués do Pazo da Merced e deputado por Vigo durante 34 anos, foi o político que maiores logros conseguiu para a cidade e o seu porto.
Artífice da construción do primeiro hospital de Vigo, o Hospital Municipal. Grazas as súas xestións políticas concienciou aos dirixentes locais e nacionais da necesidade de dotar á cidade cun hospital da beneficencia.
O hospital foi inaugurado no ano 1896 co nome de “Hospital Elduayen”.