DR. ENRIQUE LANZÓS SÁNCHEZ
Precursor da técnica da talla hipogástrica para a extracción de cálculos vesicais. A primeira intervención realizouna no ano 1879 en Santiago de Compostela. Despois dunha breve estadía en Madrid, Enrique Lanzós trasládase a Vigo, onde exerceu como cirurxián no Hospital da Caridade, no Cuarto de Socorro, e no Hospital Municipal. Posteriormente ostentou a Dirección do Hospital Elduayen, cargo que desenvolveu entre 1898 e 1930. Fotografía Pacheco.