DRA. OLIMPIA VALENCIA LÓPEZ
Primeira muller en obter a licenciatura de Medicina, na especialidade de xinecoloxía, e a primeira en exercer como profesional desta especialidade. En 1928 pon en marcha un consultorio de medicina xeral e de xinecoloxía, na rúa do Príncipe. Dase a coñecer cunha placa na porta e con anuncios na prensa: “Olimpia Valencia. Especialista en enfermidades da muller”. Exercería a súa profesión ata xubilarse, non exenta de dificultades pola súa condición de xénero. Foi unha das fundadoras da Academia Médico Cirúrxica de Vigo (1930).