O MUSAVI, Museo Sanitario de Vigo primeiro Museo Sanitario en Galicia unha iniciativa da EOXI

Os constantes avances tecnolóxicos están provocando a substitución de equipamentos e instrumental sanitario, hoxe en día obsoletos, por outros máis modernos.

Desde a creación do Hospital Elduayen no ano 1895 abandonouse o uso de aparellos e instrumental relacionados coa historia sanitaria da área de Vigo, elementos que no seu momento utilizaron profesionais para prestar asistencia á poboación.

É unha idea compartida, cando menos entre os profesionais da sanidade viguesa, a necesidade de recuperar esa memoria, que desaparecerá de non existir unha institución que garanta a súa conservación.

Os recentes cambios acontecidos na área sanitaria de Vigo permitiron tomar conciencia da existencia de determinada documentación, equipamento, tecnoloxía, etc., con valor histórico, científico e incluso artístico, e que é preciso salvagardar, co obxectivo de facela chegar a xeracións futuras.

O Museo Sanitario de Vigo, MUSAVI, nace coa vocación de converterse nun referente científico, documental e tecnolóxico relacionado cos temas da saúde, e en particular, do patrimonio médico e sanitario, actualmente abandonado ou en desuso.

O Museo na prensa

Noticias do Museo

VISITA VIRTUAL, Tecnoloxía sanitaria Documentos históricos Imaxes históricas Obra artística

Percorrido breve pola colección do Museo. Accede premendo os botóns.

O museo somos todos

A EOXI de Vigo agradece á cidadanía a súa contribución aos fondos do MUSAVI, xa que o MUSEO estará constituído polas memorias de todos e todas.

Se vostede está interesado en colaborar co Museo a través da doazón dalgún tipo de documento, material ou equipo relacionado coa sanidade que puidera resultar de interese público, póñase en contacto connosco, que lle informaremos das diversas fórmulas oficiais de cooperación previstas. Ir á páxina de contacto.

+1000 Pezas

Unha mostra extensa e moi completa

+2.000 imaxes

No seu arquivo fotográfico histórico.

+1500 documentos

A historia sanitaria a través dos
documentos.

+2 séculos

De historia recollida no MUSAVI

Sobre a súa

Xustificación

SOCIAL
Hoxe en día non existe ningunha institución pública ou privada que centralice e xestione o noso pasado sanitario. É necesaria unha organización que o recupere, conserve e divulgue. Coñecer e compartir unha historia conxunta axudaranos a tomar conciencia da nosa identidade. Coñecendo o pasado, comprenderemos mellor a realidade presente, e estaremos máis capacitados para enfrontarnos aos retos futuros.

Este proxecto conta coa participación e asesoramento de todos os estamentos relacionados co sector sanitario, tanto persoal en activo coma persoal xubilado: profesionais da medicina, da enfermería e doutras ramas sanitarias. Tamén cóntase coa participación de persoal administrativo, profesionais da información e historiadores.

CIENTÍFICA, DOCENTE E INVESTIGACIÓN
Contar cun espazo dixital e físico para expoñer os fondos de MUSAVI, debidamente catalogados, supón un activo científico de gran consideración así como unha importante fonte documental para o estudo e a investigación.

(Foto: Hospital Elduayen, ano 1895, comezo da construción. Na actualidade é denominado Hospital Nicolás Peña)