A cama pesa persoas da marca Borghi & Saveri foi fabricada no ano 1969 e traída ó Hospital Xeral de Vigo para ser empregada no servizo de Nefroloxía. Alí a utilizaban para pesar ós doentes que foran sometidos a procedementos de diálise ou coidados intensivos para comprobar as fluctuacións de peso dos mesmos.
Cama pesa persoas
Ficha técnica
- Nº Referencia:
- MTNF01
- Data de incorporación:
- 22/11/2017
- Procedencia:
- Pontevedra
- Lugar de orixe:
- Hospital Xeral
- Época:
- Entre 1950-1999
- Propiedade:
- Propietaria
- Ano de fabricación:
- 1969
- Número de serie:
- 345043-9
- Modelo:
- TIPO S. G2-120
- Marca:
- BORGHI & SAVERI
Descrición
Outra das xoias do MUSAVI é esta cama pesa persoas da marca Borghi & Saveri. Fabricada no ano 1969 foi traída ó Hospital Xeral de Vigo para ser empregada no servizo de Nefroloxía. Alí a utilizaban para pesar ós doentes que foran sometidos a procedementos de diálise ou coidados intensivos para comprobar as fluctuacións de peso dos mesmos.
Este tipo de doentes confinados a unha cama sen poderse mover do leito dado o seu estado crítico, contaban coa solución máis segura e cómoda para eles, unha báscula incorporada.
Esta cama integra un sistema de amortigüación sobre unha plataforma de ferro apoiada en catro rodamentos para poder ser trasladada. Na época resultou ser un dos aparellos máis novedosos adquiridos á marca italiana que escomezou a súa andadura aló polo ano 1935. Estes primeiros produtores de aparellos de pesar convertéronse nunha das primeiras marcas de desenvolvemento de motores de combustión interna para automóbiles e motos de competición.