Enter your email Address

  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
  • XUNTA DE GALICIA Consellería de Sanidade
  • SERGAS Xerencia de Xestión Integrada de Vigo
  • Galego Galego Galego da
  • Español Español Español es
| 986 09 14 24 | 27-03-2023 | Login
MUSAVI
  • Portada
  • Acerca do Museo
    • Sobre o Museo
    • Novas
    • Prensa
    • Doadores
    • Colaboradores
  • Visita Virtual
    • Equipamento e Tecnoloxía
    • Documentación histórica
    • Documentación gráfica
    • Documentación artística
  • Persoeiros
  • Canle TV
  • Contactar co Museo
  • Doadores
  • Publicacións
  • Menú Menú

O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue sobre todo nos membros inferiores.

Vaso Train

Ficha técnica

Nº Referencia:
MTRE01
Data de incorporación:
21/11/2017
Procedencia:
Pontevedra
Lugar de orixe:
Hospital Xeral
Época:
Entre 1950-1999
Propiedade:
Propietaria
Ano de fabricación:
descoñecido
Número de serie:
descoñecido
Modelo:
descoñecido
Marca:
Vorn

Descrición

O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue nos membros inferiores. Na forma tubular de vidro que apreciamos na imaxe, unha das pernas era introducida para aplicarlle presións positivas e negativas mediante vacío.

Hoxe en día é considerada como unha das terapias máis revolucionarias en fisioterapia. O aparello deu en evolucionar para tratar tamén os membros superiores en doenzas como:

  • O síndrome RSI ou síndrome de lesións provocadas polo esforzo repetitivo, como as dores en articulacións por determinados traballos.
  • CRPS ou síndrome de dor rexional complexa na etapa 1 e 2. Epicondilitis.
  • CTS ou síndrome do túnel carpiano.
  • Inflamación post- traumática e post- operatoria
  • Aceleración na cicatrización de feridas
  • Terapia de edema (tras unha linfadectomía)
  • Terapia de dor.

A terapia de vacío intermitente provoca unha dilatación rítmica e de compresión do sistema venoso e linfático. Deste xeito aumenta a circulación, o refluxo venoso e a eliminación da linfa e dos produtos de desfeito. Ó mesmo tempo, as ondas de presión e de vacío intermitente promoven a capilarización.

Os resultados de recuperación sobre a zona afectada optimízanse mantendo un efecto a longo prazo. Este tipo de terapia aceleraba a rexeneración e rehabilitación cun efecto rápido nas terapias de dor crónica.

 

 

Vídeo

Descrición física

Medidas:
41x90x110
Cor:
cor transparente, branca e marrón
Forma:
A estrutura ten unha forma tubular de metacrilato na que se introduce o membro inferior. Esta forma tubular aparece soportada por outra estrutura metálica ou de ferro pintada de branco con forma de carriño, cunha base cun caixón apioado en catro rodaxes. O tubo conta con dous vúmetros nos que se pode comprobar a presión positiva e negativa aplicada. Os vúmetros son da marca Wika e regúlanse á súa vez con pistones.
Materiais:
metacrilato, metal, goma, ferro
Inscricións:
No metacrilato do tubo aparece inscrito o nome do aparello: VASO- TRAIN. Na estrutura de goma na que se introducía o membro, que apareceu dentro do caixón inferior que contén o aparello figura a lenda "Vorn Vasotrain" o que ben dicir traducido do alemán: O primeiro Vasotrain ou o que vai por diante. Esta podería ser a marca do aparello. Outros datos de interese os atopamos no caixón metálico soportado pola base inferior da estructura na que se atopa o aparello. O abrir ese caixón no seu interior había válvulas ou gomas de reposto, dúas en concreto, unha delas máis gastada, en ambalasdúas podemos ver Vorn Vasotrain. Tamén bolsas plásticas, supoñemos que para introducir o membro inferior nas que se pode ler o seguinte en alemán: Schutzüberzügue für Auflagekissen im VASOTRAIN Gerät
Estado:
Bo estado de conservación

Outras pezas de tecnoloxía

Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

19 Xuño, 2018
O MUSAVI conta cunha mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica doada pola familia do Doutor Telmo Pérez. A peza que aínda se conserva en bo estado é de gran valor histórico, xa que integraba todos os aparellos que se precisaban para a exploración oftalmolóxica e posterior graduación dos lentes: Lámpada de fenedura, Queratómetro, Refractómetro e caixa de lentes. Dous separadores de madeira, sobre a superficie da mesa conformaban os catro espazos nos que se integraba cada unha destas pezas nun cubículo. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/mesa-giratoria-1.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 16:41:452018-06-19 16:41:45Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

Multostat aparello de electroterapia

19 Xuño, 2018
O Multostat era un aparello para producir correntes de Leduc, unha corrente uniforme ritmicamente interrumpida. Empregado fai uns cen anos en tratamentos de electroterapia para as neuralxias e músculos, transformaba a corrente alterna en corrente continua de baixa intensidade, aplicable ó tratamento nas persoas. É precursor das actuais correntes galvánicas que se utilizan hoxe en día nos tratamentos de electroterapia.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/MULTOSTAT-1.jpg 1300 1102 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 12:57:152018-06-19 12:59:53Multostat aparello de electroterapia

Tonómetro de Schioetz

18 Xuño, 2018
A tonometría é a técnica empregada para medir a presión intraocular de forma indirecta a través da medida da tensión da membrana corneal. Mudou moito ó longo de case dous séculos, dende os primeiros intentos de William Browman (1826), consistentes na simple palpación a través do párpado superior, ás técnicas actuais. A primeira técnica que introduxo un instrumento realmente útil e sinxelo para a clínica foi a de Hjalmar Schioetz (1850-1927). Recibe o nome de Tonómetro de Schioetz, e o seu uso extendeuse rapidamente convertíndose no aparello estándar para medir a presión intraocular.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/RETINA.jpg 1100 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 20:04:532018-06-18 20:04:53Tonómetro de Schioetz

Electroimán Cirúrxico

18 Xuño, 2018
A colección do MUSAVI na súa rama de oftalmoloxía conta cun aparello de grandes dimensións e moi chamativo. Estamos a falar do electroimán cirúrxico, un instrumento moi útil doado pola familia do oftalmólogo Telmo Pérez que empregábase para a extracción de corpos estranos metálicos intraoculares. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/ELECTROIMAN-QUIRÚRGICO.jpg 1300 796 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 19:27:412019-04-15 13:51:07Electroimán Cirúrxico

Fotómetro de chama

23 Abril, 2018
Este é un fotómetro de chama, aparello empregado xunto co espectómetro de absorción, data de finais dos anos corenta e funcionaba cunha bombona de butano. Esta era necesaria para activar a chama do aparello e extraer os ions de sodio e potasio.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/04/FOTOMETRO-LLAMA-MINI.jpg 494 886 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-04-23 11:07:502018-04-23 11:14:10Fotómetro de chama

Vaso Train

5 Marzo, 2018
O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue sobre todo nos membros inferiores.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/02/VASOTRAINKOK.jpg 1300 1054 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:272018-05-29 16:33:38Vaso Train

Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

5 Marzo, 2018
O neumotórax artificial Sistema Arévalo é un aparello que xorde na primeira metade do S. XX para o tratamento de afeccións pulmonares como a tuberculose.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/NEUMOTORAX.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:172018-03-20 16:20:48Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen

5 Marzo, 2018
A lámpada de Finsen foi inventada polo científico danés que leva o seu nome, para o tratamento de diversas afeccións por medio da radiación ultravioleta. Foi empregada para casos de raquitismo e doenzas dermatolóxicas.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/RAYOS-UVA-1.jpg 1223 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:082018-05-29 16:10:20Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen
AnteriorPosterior

A VOCACIÓN DO MUSAVI

O Museo Sanitario de Vigo, MUSAVI, nace coa vocación de converterse nun referente científico, documental e tecnolóxico relacionado cos temas da saúde, e en particular, do patrimonio médico e sanitario, actualmente abandonado ou en desuso.

SEDE ADMINISTRATIVA

Hospital Álvaro Cunqueiro
Estrada de Clara Campoamor, 341
36312 Vigo, Pontevedra
info@museosanitariovigo.es
986 09 14 24

Ver mapa

© Copyright - MUSAVI
  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
Equipo de neumotórax artificial Sistema ArévaloFotómetro de chama
Desplazarse hacia arriba

Login

Forgotten Password?

Lost your password?
| Back to Login