O MUSAVI conta cunha mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica  doada pola familia do Doutor Telmo Pérez.  A peza que aínda se conserva en bo estado é de gran valor histórico, xa que integraba todos os aparellos que se precisaban para a exploración oftalmolóxica e posterior graduación dos lentes:
Lámpada de fenedura, Queratómetro, Refractómetro e caixa de lentes.  Dous separadores de madeira, sobre a superficie da mesa conformaban os catro espazos nos que se integraba cada unha destas pezas nun cubículo. 
Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock
Ficha técnica
- Nº Referencia:
 - MTOF03
 
- Data de incorporación:
 - 15/03/2018
 
- Procedencia:
 - Pontevedra
 
- Lugar de orixe:
 - Consulta
 
- Época:
 - Entre 1950-1999
 
- Propiedade:
 - Doada
 
- Ano de fabricación:
 - non coñecido
 
- Número de serie:
 - Patent 245
 
- Modelo:
 - xxx
 
- Marca:
 - Rodenstock
 
Descrición
Un dos imprescindibles na consulta dun oftalmólogo nas décadas dos sesenta e setenta era a famosa mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica. Neste caso o MUSAVI ten a sorte de contar con unha delas, propiedade do oftalmólogo vigués Telmo Pérez, doada pola súa familia ás arcas deste museo sanitario.
A peza que aínda se conserva en bo estado é de gran valor histórico, xa que integraba todos os aparellos que se precisaban para a exploración oftalmolóxica e posterior graduación dos lentes:
- Lámpada de fenedura
 - Queratómetro
 - Refractómetro
 - Caixa de lentes
 
Dous separadores de madeira, sobre a superficie da mesa conformaban os catro espazos nos que se integraba cada unha destas pezas nun cubículo con cadansúa toma de corrente. Os separadores culminaban nunha fonte de luz redonda. A propia mesa conta cun só pe co mecanismo xiratorio.










