Binocular para otorrinolaringoloxía
Velaquí temos un Microscopio de Inspección de oído, nariz e garganta para especialistas. Empregado na especialidade de Otorrinolaringoloxía foi fabricado en Francia e data da década de 1950.
Conta cun cabezal binocular con entrada de luz recta e un ocular 0,10X con axuste de dioptrías.
A fonte de alimentación componse dunha lámpada con espello.
O brazo pódese mover cara arriba e abaixo afrouxando a manivela. Cando o brazo está axustado á posición correcta regúlase a manivela para manter o microscopio estable.
Accesorios: cable de alimentación, lámpada de recambio e parafuso de axuste.
Outro dos usos que se lle deu a este aparello da marca Bronzavia foi o de se converter en xemelgos prismáticos científicos nas guerras. Traballábanse en tornos de revólver provistos de dispositivos patentados que permitiron acadar a a precisión das súas cavidades.
As pezas fixadas en barras de latón articuladas permitiron alonxar os oculares de 56 a 72 milímetros un do outro. Enfocábanse simultáneamente por mor dunha moleta central. A parte óptica destes xemelgos está particularmente coidada cunha luminosidade notable e un campo visual dos mais extendidos. A distancia dos obxectivos un co outro é superior á dos ollos do observador da a estereoscopia nas imaxes observadas. Substituíronse en este aparello as guarnicións de pano que causaban inconvenientes por friccións metálicas que proporcionaron unha estabilidade nos eixos ópticos