O MUSAVI conta cunha mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica doada pola familia do Doutor Telmo Pérez. A peza que aínda se conserva en bo estado é de gran valor histórico, xa que integraba todos os aparellos que se precisaban para a exploración oftalmolóxica e posterior graduación dos lentes:
Lámpada de fenedura, Queratómetro, Refractómetro e caixa de lentes. Dous separadores de madeira, sobre a superficie da mesa conformaban os catro espazos nos que se integraba cada unha destas pezas nun cubículo.
Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock
Ficha técnica
- Nº Referencia:
- MTOF03
- Data de incorporación:
- 15/03/2018
- Procedencia:
- Pontevedra
- Lugar de orixe:
- Consulta
- Época:
- Entre 1950-1999
- Propiedade:
- Doada
- Ano de fabricación:
- non coñecido
- Número de serie:
- Patent 245
- Modelo:
- xxx
- Marca:
- Rodenstock
Descrición
Un dos imprescindibles na consulta dun oftalmólogo nas décadas dos sesenta e setenta era a famosa mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica. Neste caso o MUSAVI ten a sorte de contar con unha delas, propiedade do oftalmólogo vigués Telmo Pérez, doada pola súa familia ás arcas deste museo sanitario.
A peza que aínda se conserva en bo estado é de gran valor histórico, xa que integraba todos os aparellos que se precisaban para a exploración oftalmolóxica e posterior graduación dos lentes:
- Lámpada de fenedura
- Queratómetro
- Refractómetro
- Caixa de lentes
Dous separadores de madeira, sobre a superficie da mesa conformaban os catro espazos nos que se integraba cada unha destas pezas nun cubículo con cadansúa toma de corrente. Os separadores culminaban nunha fonte de luz redonda. A propia mesa conta cun só pe co mecanismo xiratorio.