Enter your email Address

  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
  • XUNTA DE GALICIA Consellería de Sanidade
  • SERGAS Xerencia de Xestión Integrada de Vigo
  • Galego Galego Galego da
  • Español Español Español es
| 986 09 14 24 | 11-06-2025 | Login
MUSAVI
  • Portada
  • Acerca do Museo
    • Sobre o Museo
    • Novas
    • Prensa
    • Doadores
    • Colaboradores
  • Visita Virtual
    • Equipamento e Tecnoloxía
    • Documentación histórica
    • Documentación gráfica
    • Documentación artística
  • Persoeiros
  • Canle TV
  • Contactar co Museo
  • Doadores
  • Publicacións
  • Menú Menú

A tonometría é a técnica empregada para medir a presión intraocular de forma indirecta a través da medida da tensión da membrana corneal. Mudou moito ó longo de case dous séculos, dende os primeiros intentos de William Browman (1826), consistentes na simple palpación a través do párpado superior, ás técnicas actuais. A primeira técnica que introduxo un instrumento realmente útil e sinxelo para a clínica foi a de Hjalmar Schioetz (1850-1927). Recibe o nome de Tonómetro de Schioetz, e o seu uso extendeuse rapidamente convertíndose no aparello estándar para medir a presión intraocular.

Tonómetro de Schioetz

Ficha técnica

Nº Referencia:
MTOF02
Data de incorporación:
15/03/2018
Procedencia:
Pontevedra
Lugar de orixe:
Colección da familia de Telmo Pérez
Época:
Entre 1925-1949
Propiedade:
Doada
Ano de fabricación:
1938
Número de serie:
1014/ 673
Modelo:
Schioetz Tonometer
Marca:
Schioetz

Descrición

A tonometría é a técnica empregada para medir a presión intraocular de forma indirecta a través da medida da tensión da membrana corneal. É indirecta porque se obtén exercendo unha forza sobre a córnea para estimar a presión no interior do ollo.

Deste xeito contrólase o equilibro fisiolóxico que deber existir entre a formación e evacuación do humor acuoso dentro do globo ocular. Cando sube a cifra, pode ser debido a un aumento da produción ou a unha diminución da evacuación. Este é un factor de risco para a aparición do glaucoma.

A tonometría mudou moito ó longo de case dous séculos, dende os primeiros intentos de William Browman (1826), consistentes na simple palpación a través do párpado superior, ás técnicas actuais. A primeira técnica que introduxo un instrumento realmente útil e sinxelo para a clínica foi a de Hjalmar Schioetz (1850-1927). Este foi creador e autor das bases da tonometría instrumental actual. Recibe o nome de Tonómetro de Schioetz, e o seu uso extendeuse rapidamente convertíndose no aparello estándar para medir a presión intraocular. Ó longo dos anos introducíronse algunhas modificacións e na actualidade segue utilizándose.

Na versión española da terceira edición do Compendio de Oftalmoloxía de V. Morax dicíase: “A determinación instrumental da tensión ou tonometría obxectiva adquiriu un valor práctico considerable dende a construción do tonómetro de Schioetz: este instrumento é indispensable para o clínico”.

Descrebe o seu uso da seguinte maneira:

“O xeito de emprego é do máis sinxelo: tendo o enfermo colocado en posición horizontal, instílanse no ollo a examinar dúas gotas de holocaína ó 2%, agárdase uns intres e se aplica o pequeno aparello sobre a córnea. Pesos de 5, 5,7, 5,10 e 15 gr. poden ser fixados sobre o vástago móbil; tomarase un peso tanto máis elevado canto máis forte é a tensión co dedo apreciada. Achándose o aparello mantido verticalmente e o vástago e o pabillón descansando sobre a córnea do ollo, mírase que a agulla percorre un cadrante dividido e se deten nun punto. Supoñamos que , co peso de 7,5 gr. a agulla detense diante da 7ª división da graduación; pois consultaremos a gráfica trazada por Schioetz e veremos que esta indicación correspóndese a unha tensión de 18 mm. de mercurio. As tensións de 16 a 28 mm. poden ser consideradas como tensións normais. As de 28 a 40 non sempre van acompañadas de fenómenos irritativos. E as elevadas corresponden a indicacións comprendidas entre 40 e 90-100. Convén non atribuir un valor absoluto ás cifras obtidas co tonómetro, pero aínda que relativas, as indicacións tonométricas son moito máis precisas cas que nos proporciona a exploración dixital. Ademáis este aparello permítenos comparar con exactitude a tensión no mesmo enfermo. As curvas de tensión proporcionarán datos útis para a apreciación do pronóstico, da eficacia terapéutica, etc.”

Hoxe o rango de normalidade vai dos 10 ós 20 mm Hg.

Na folla de instrucións que atopamos nun dos compartimentos do estuche vemos as seguintes indicacións.

“Tonómetro seg. Profesor Schiotz”

“Niquelado, de mejor calidad, completo en un estuche bien forrado, probado minuciosamente por un procedimiento nuevo y garantizado.-

MODO DE USO

Con la nueva modificación del Tonómetro Schiotz (con coginetes de bolas en lugar de discos) se atornilla ahora solamente el peso indicado de 5,5 sobre el punzón, mientras que los demás son pesos complementarios de 7,5 y 10 y, que se ponen sobre el peso atornillado.

El Tonómetro ha sido contrastado según el método (K1.M. J. A 1923) del Dr. Karpon y Dr. Arnold. Una nota de control (certificado) sobre la contrastación va unida a cada tonómetro.-

Con el peso 5,5 indica la aguja 3; con el peso 7,5 indica 5, límite de una presión de ojo normal. La presión es elevada patológicamente cuando la aguja marca con el peso de 5,5 valores menores de 3, y con el peso puede convencer uno si la presión de un ojo está o no dentro del límite normal. Esto es al fin y al cabo muy importante para la práctica.- Lo mejor es anotarse los datos que marque la aguja ( o sea: 5,5=3: 7,5=5), ya que todas las indicaciones en milímetros de mercurio exponen solamente valores aproximados, que no pueden controlarse en el ojo vivo y que fue siempre necesario corregirlos constantemente con Shioetz2.

Pero el que desee sin embargo una lectura de los datos en m/m Hg, encontrará las últimas curvas indicadas por Schiotz 1924, que se diferencian de las antiguas y generalmente usadas en que, todos los valores son elevados en 4 m/m Hg por lo que, una marcación de 3,/5,5, corresponde a un valor aproximado 30 m/m Hg. (antiguamente aprox 26).-

Antes del uso se contrasta el Tonómetro ajustándolo fuertemente sobre el modelo convexo que le acompaña. Si entonces la aguja no marca 0, es preciso contrastar el aparato nuevamente.-

Se tonometriza mejor al paciente estando en sentido horizontal y sobre la espalda después de anestesiarle la córnea con 2% de Holocaína. Después se le hace mirar hacia arriba rectamente, se le abren los párpados con la mano izquierda y con la derecha se pone el tonómetro con su pie de placa sobre la córnea, se tal forma que se mantenga solo en pie y que con su propio peso haga presión sobre el ojo.- Después se lee lo que marque la aguja.-

Después del uso es necesario limpiar la canilla y el pie con eter y para evitar contagio frotarlo después en seco.-”

 

Galería

Descrición física

Medidas:
16x2,5x8
Cor:
Metálica e dourada
Forma:
A estrutura compón unha forma angular con dúas barras unidas polos estremos cunha agulla no centro que marca a medida na peza que une. A estrutura remata nun soporte con forma redonda que é o que se coloca na córnea. Na caixa que contén o aparello atopamos catro pesos con diferentes medidas para acadar a tensión resultante.
Materiais:
Aceiro
Inscricións:
Na tapa da caixa que contén o tonómetro podemos ver: Tonometer n. Prof. Schioetz O propio tonómetro ten gravadas as medidas na barra de medición inferior No interior do estuche atopamos unha folliña coas medicións, gráficas e instrucción correspondentes ó uso axeitado do mesmo.
Estado:
Bo estado de conservación

Outras pezas de tecnoloxía

Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

19 Xuño, 2018
O MUSAVI conta cunha mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica doada pola familia do Doutor Telmo Pérez. A peza que aínda se conserva en bo estado é de gran valor histórico, xa que integraba todos os aparellos que se precisaban para a exploración oftalmolóxica e posterior graduación dos lentes: Lámpada de fenedura, Queratómetro, Refractómetro e caixa de lentes. Dous separadores de madeira, sobre a superficie da mesa conformaban os catro espazos nos que se integraba cada unha destas pezas nun cubículo. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/mesa-giratoria-1.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 16:41:452018-06-19 16:41:45Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

Multostat aparello de electroterapia

19 Xuño, 2018
O Multostat era un aparello para producir correntes de Leduc, unha corrente uniforme ritmicamente interrumpida. Empregado fai uns cen anos en tratamentos de electroterapia para as neuralxias e músculos, transformaba a corrente alterna en corrente continua de baixa intensidade, aplicable ó tratamento nas persoas. É precursor das actuais correntes galvánicas que se utilizan hoxe en día nos tratamentos de electroterapia.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/MULTOSTAT-1.jpg 1300 1102 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 12:57:152018-06-19 12:59:53Multostat aparello de electroterapia

Tonómetro de Schioetz

18 Xuño, 2018
A tonometría é a técnica empregada para medir a presión intraocular de forma indirecta a través da medida da tensión da membrana corneal. Mudou moito ó longo de case dous séculos, dende os primeiros intentos de William Browman (1826), consistentes na simple palpación a través do párpado superior, ás técnicas actuais. A primeira técnica que introduxo un instrumento realmente útil e sinxelo para a clínica foi a de Hjalmar Schioetz (1850-1927). Recibe o nome de Tonómetro de Schioetz, e o seu uso extendeuse rapidamente convertíndose no aparello estándar para medir a presión intraocular.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/RETINA.jpg 1100 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 20:04:532018-06-18 20:04:53Tonómetro de Schioetz

Electroimán Cirúrxico

18 Xuño, 2018
A colección do MUSAVI na súa rama de oftalmoloxía conta cun aparello de grandes dimensións e moi chamativo. Estamos a falar do electroimán cirúrxico, un instrumento moi útil doado pola familia do oftalmólogo Telmo Pérez que empregábase para a extracción de corpos estranos metálicos intraoculares. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/ELECTROIMAN-QUIRÚRGICO.jpg 1300 796 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 19:27:412019-04-15 13:51:07Electroimán Cirúrxico

Fotómetro de chama

23 Abril, 2018
Este é un fotómetro de chama, aparello empregado xunto co espectómetro de absorción, data de finais dos anos corenta e funcionaba cunha bombona de butano. Esta era necesaria para activar a chama do aparello e extraer os ions de sodio e potasio.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/04/FOTOMETRO-LLAMA-MINI.jpg 494 886 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-04-23 11:07:502018-04-23 11:14:10Fotómetro de chama

Vaso Train

5 Marzo, 2018
O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue sobre todo nos membros inferiores.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/02/VASOTRAINKOK.jpg 1300 1054 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:272018-05-29 16:33:38Vaso Train

Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

5 Marzo, 2018
O neumotórax artificial Sistema Arévalo é un aparello que xorde na primeira metade do S. XX para o tratamento de afeccións pulmonares como a tuberculose.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/NEUMOTORAX.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:172018-03-20 16:20:48Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen

5 Marzo, 2018
A lámpada de Finsen foi inventada polo científico danés que leva o seu nome, para o tratamento de diversas afeccións por medio da radiación ultravioleta. Foi empregada para casos de raquitismo e doenzas dermatolóxicas.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/RAYOS-UVA-1.jpg 1223 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:082018-05-29 16:10:20Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen
AnteriorPosterior

A VOCACIÓN DO MUSAVI

O Museo Sanitario de Vigo, MUSAVI, nace coa vocación de converterse nun referente científico, documental e tecnolóxico relacionado cos temas da saúde, e en particular, do patrimonio médico e sanitario, actualmente abandonado ou en desuso.

SEDE ADMINISTRATIVA

Hospital Álvaro Cunqueiro
Estrada de Clara Campoamor, 341
36312 Vigo, Pontevedra
info@museosanitariovigo.es
986 09 14 24

Ver mapa

© Copyright - MUSAVI
  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
Aparello de Raios X PortátilTrócar
Desplazarse hacia arriba

Login

Forgotten Password?

Lost your password?
| Back to Login