O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue sobre todo nos membros inferiores.
Vaso Train
Ficha técnica
- Nº Referencia:
- MTRE01
- Data de incorporación:
- 21/11/2017
- Procedencia:
- Pontevedra
- Lugar de orixe:
- Hospital Xeral
- Época:
- Entre 1950-1999
- Propiedade:
- Propietaria
- Ano de fabricación:
- descoñecido
- Número de serie:
- descoñecido
- Modelo:
- descoñecido
- Marca:
- Vorn
Descrición
O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue nos membros inferiores. Na forma tubular de vidro que apreciamos na imaxe, unha das pernas era introducida para aplicarlle presións positivas e negativas mediante vacío.
Hoxe en día é considerada como unha das terapias máis revolucionarias en fisioterapia. O aparello deu en evolucionar para tratar tamén os membros superiores en doenzas como:
- O síndrome RSI ou síndrome de lesións provocadas polo esforzo repetitivo, como as dores en articulacións por determinados traballos.
- CRPS ou síndrome de dor rexional complexa na etapa 1 e 2. Epicondilitis.
- CTS ou síndrome do túnel carpiano.
- Inflamación post- traumática e post- operatoria
- Aceleración na cicatrización de feridas
- Terapia de edema (tras unha linfadectomía)
- Terapia de dor.
A terapia de vacío intermitente provoca unha dilatación rítmica e de compresión do sistema venoso e linfático. Deste xeito aumenta a circulación, o refluxo venoso e a eliminación da linfa e dos produtos de desfeito. Ó mesmo tempo, as ondas de presión e de vacío intermitente promoven a capilarización.
Os resultados de recuperación sobre a zona afectada optimízanse mantendo un efecto a longo prazo. Este tipo de terapia aceleraba a rexeneración e rehabilitación cun efecto rápido nas terapias de dor crónica.