Hospital Álvaro Cunqueiro
Selección de fotografías da construcción do novo hospital de Vigo inaugurado no ano 2015. As súas obras comezaron no ano 2011 e iniciou a súa actividade o 29 de xuño do ano 2015.
Selección de fotografías da construcción do novo hospital de Vigo inaugurado no ano 2015. As súas obras comezaron no ano 2011 e iniciou a súa actividade o 29 de xuño do ano 2015.
O vigués Pedro Solveira Collazo é un dos artistas galegos vivos de maior proxección internacional.
Nace no barrio de Teis, en 1932. Realiza estudios de litografía industrial e traballa en técnicas de cromado, niquelado e pavonado co seu pai. Nesta época pinta óleos, acuarelas, e mesmo deseño de mobles. Nunh das súas viaxes a Francia coñece a Le Corbusier, un encontro de grande influencia na súa obra.
Regresa a Vigo en 1955 e crea unha nova técnica, a pintura ao esmalte sobre ferro cicelado coa que desenvolve a súa obra figurativa, que irá evolucionando ata orixinar outra tecnica novidosa, a de oxidación sobre ferro cicelado. A partir de 1965 introdúcese fundamentalmente no mundo do espazo.
A finais dos 60, despois de varias exposicións por España comeza a súa andaina internacional: Caracas, Bos Aires, París, Xénova, Xenebra, Tokyo, Berlín e Londres. Asina un contrato coa Fointanebleu Art Gallery de Nova York coa que expón dende 1971 en cidades como Nova York, Cleveland, Filadelfia, Chicago, Detroit e Boston.
En 1974 é invitado de honra na XXIII Bienal de Gran Bretaña de Artist Enamellers en Londres, cnco anos despois inaugura en éxico como artista exclusivo, a mostra “España 79”. Exporá tamén en Bos Aires e Brasilia sendo o único artista español na colectiva da Opus Gallery.
En 1986, convidado pola Xunta de Galicia, inaugura a Sala de Exposicións do Pazo de San Caetano en Santiago de compostela.
Na década dos 90 intérnase xa noutros procesos de creación tales como o grattage, dripping, collage, frottage… Elixe a madeira como soporte nunha obra de nova concepción constructivista. Aplica ácidos, sílices e carborundum. Aparece na súa obra o metacrilato como soporte de baleiro para formas de grande persepctiva. Incorpora espellos con diversos azougues e outros materiais.
En 1996 Caixavigo organiza a súa Exposición Antolóxica dentro do ciclo Grandes Artistas Galegos. Regresa a Nova York e expón como artista exclusivo en Artexpo New York 2001. A súa obra móstrase tamén en San Francisco, Los Ángeles e San Diego.
En 2010 inaugura unha grande exposición retrospectiva na Caa das Artes en Vigo.
Na actualidade continúa traballando nos seus estudos de Vigo e A Guarda, ademáis de preparar unha retrospectiva para o Museo de Pontevedra.
Nado en Xinzo de Limia, provincia de Ourense, no ano 1967, Otero Becerra fixa a súa residencia en Vigo obtendo diversos recoñecementos pola súa obra e traxectoria profesional. Entre eles, o feito de vestir os corredores dos hospitais galegos de referencia como puido ser O Meixoeiro no seu momento, e o Hospital Álvaro Cunqueiro agora.
Código de emoción é unha obra abstracta -tal e coma él apuntou nunhas declaracións ó xornal a Voz de Galicia-, na que debuxou tintes sanitarios en formas nas que se pode albiscar un goteiro.
O prolífico pintor e escultor galego atrapa un instante concreto e o convirte nun lugar para sempre. O vigoroso empastado do seu trazo desemboca nunha mistura impresionista e posimpresionista en canto o uso dos pinceis.
Nalgunhas pezas, o concepto figurativo da súa obra muta ata unha abstracción nas formas, que se van difuminando coma se as houberan sometido a unha gran ampliación, acercando unha flor ou unha rosa a escasos milímetros do ollo.
Ángeles Jorreto nace en Ourense, onde vive ata 1965, ano no que traslada a súa residencia a Vio. Para enriquecer a súa formación realiza diversas viaxes: Florencia, Madrid, París, Roma, Londres…
En 1979 monta o seu primeiro estudo e comeza a súa actividade expositiva, con máis de 100 inauguracións a nivel nacional e internacional, amosando a súa obra en Oporto, París, e noutras cidades de países como Holanda, Italia, Austria, etc. As súas obras tópanse repartidas entre coleccións particulares, museos e institucións de todo o mundo.
A pintura de Ángeles Jorreto provoca un cúmulo de sensacións inesperadas no espectador. Suxestiva e nada explícita salvo as súas excepcionais composicións urbanas, a delcadeza extrema no tratamento dos matices da cor e o abandono case absoluto do encorsetamento do debuxo da unha sensación etérea moi difícil de conseguir, no que o compoñente onírico está moi presente. A sensación de intanxibilidade personaliza de forma moi acusada o conxunto da súa obra.
Cultiva diferentes xéneros como a paisaxe, retrato e a abstracción, e é difícil decantarse por algún no que a artista ourensá sobresaia máis, dada a calidade da execución, e máis cando elixe grandes formatos nos que a plasticidade da artista é tan manifesta.
Nas súas obras case monocromas, sabe xogar como poucos pintores coa multiplicidade das gamas da cor, imposible non percibir o sobresaliente dos seus grises e a pesar de adscribirse na pura abstracción, fuxe de composicións formais xeométricas que poderan poñer límites á súa expresión. Tampouco incide nas liñas ondulantes. Todo o constúe conbtrazos aparentemente espontáneos e inconexos cos que consegue obras de incuestionable beleza.
Cando aposta pola cor, a súa paleta é limitada pero dunha gran intensidade, sobre todo cando manexa gamas avermelladas e uns personalísimos azuis que destacan con luz propia nos seus asombrosos siluetados urbanos.
Os seus xenéricos e anónimos retratos son quizáis a parcela pictórica na que a artista se amosa mási identificable. A súa gran delicadeza confírelles unha sobria elegancia destilando por iso unha exultante sinal de feminidade. Os seus trazos indefinidos confiren aos seus seres unha sensación de eternidade e intemporalidade coa virtude que a pesar do anónimo dos seus rostros fisicos son potentemente expresivos.
Suxestión, exultante beleza, personalidade, onirismo, feminidade, intemporalidade, todo un cúmulo de sensacións se dan a través da obra de Angeles Jorreto.
Diego Germade, arquitecto cangués e estudiante de doctorado en Belas Artes, foi seleccionado para elaborar a obra de 6 metros de longo por máis de 2 de alto que hoxe preside a recepción do novo hospital de Vigo, Álvaro Cunqueiro.
O mural, composto de seis paneis independientes revestidos de pan de ouro, titúlase Esmelle e inspirase na selva na que o escritor Álvaro Cunqueiro imaxinou ó mago Merlín. O proxecto resultou seleccionado nun concurso de ideas no que concurrían 27 iniciativas.
O pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey é un dos artistas galegos vivos de maior proxección internacional. As súas primeiras manifestacións plásticas comezan a desenvolverse en Arxentina, onde a súa familia emigra cando conta tan só cun ano de idade. Alí reside ata que aos 22 anos regresa a España cunha maleta chea de ilusións e un estilo de pintar próximo ao surrealismo. Instalado en Madrid, pronto o seu talento destaca entre os círculos artísticos da capital. En 1960, tras participar na Bienal de Sao Paulo, trasládase a Barcelona, dende arranca unha importante traxectoria profesional, con actividades en París, Italia, Xenebra ou Berlín, entre outras capitais. En 1968 concorre á Documenta de Kassel co seu emblemático Tríptico de Palomares: obra cun forte contido crítico sobre a caída accidental de bombas nucleares americanas no Mediterráneo, cerca das costas do pobo almeriense de Palomares. O prestixio de Castillo consolídase día a día e a súa traxectoria expositiva pasa polas más prestixiosas galerías do mundo.
En 1969 é invitado a residir e traballar durante un ano en Berlín, onde realiza numerosas pinturas, gravados e esculturas. Nos anos sesenta a fama de Castillo consolídase e inaugura exposicións nas principais galerías do mundo, o que da lugar a que escriban sobre Castillo os máis importantes críticos.
En 1977 aparece a primeira monografía sobre o artista galego, escrita por Werner Haftmaum.
En 1982 vincúlase á célebre galería Malborough, árbitro da arte contemporánea de EEUU.
Edítanse novas monografías en diversos países entre elas a escrita por Carter Ratcliff. As súas esculturas emprázanse en lugares públicos das cidades máis importantes do occidente europeo. En España conságrase definitivamente coa publicación da citada monografía de Ratcliff por edicións La Polígrafa. Os máis importantes museos do mundo adquiren obra súa, como o Guggenheim de Nova Yorke, onde o artista fixa a súa residencia e ten un amplo estudo.
Na súa cidade natal, Pontevedra, adícaselle unha sala especial durante a celebración da Bienal, en 1988.
A citada galería neoiorquina e o Meadows Museum de Dallas, Texas, adícanlle grandes exposicións que se repiten en Barcelona e Santiago de Compostela durante o ano 1990.
Tanto como a súa pintura, importan á súa escultura e obra gráfica, probablemente o aspecto que máis o proxectou en ámbitos internacionais. A súa obra figura en museos de todo o mundo, desde Estados Unidos a Xerusalén.
Jorge Castillo vive actualmente entre Suecia e España onde continúa desenvolvendo a súa actividade artística. No momento actual está a traballar nun proxecto do goberno sueco, para pintar de xeito natural as principais cidades e vilas dese país. Así, está percorrendo Suecia co seu cabalete, iniciando esta andadura en Helsingborg onde ten a súa residencia e o seu estudo.
Documento de ingreso no Hospital Elduayen (Hospital Municipal de Vigo, máis tarde Nicolás Peña), datado en 1896. Orixinal tamaño cuartilla manuscrito sobre papel polas dúas caras.
Contén o selo oficial do Concello de Vigo e as sinaturas do médico municipal e o alcalde da cidade.
Medalla de Ouro da Cidade de Vigo concedida ao Hospital Xeral no ano 2005.
Esta foi unha das meirandes distincións concedidas ó noso Pirulí por tantos anos de traxectoria ó servizo dos habitantes da nosa cidade. O Hopistal Xeral sigue sendo un dos referentes da sanidade española a pesar do seu cese de actividade.
A entrega desta insignia coincidiu coa celebración do 50 aniversario do nacemento do Hospital, un ano no que se sucederon os actos conmemorativos para a posta en valor da actividade deste centro.