Microscopio trinocular Nikon
Temos ante nós unha peza Nikon única. Trátase dun tipo de microscopio trinocular: está equipado con tres oculares que permiten o uso simultáneo do aparello por varias persoas. Tamén cabe a posibilidade de mando por dúas persoas e unha cámara conectada ó adaptador.
Os elementos ópticos do trinocular son os mesmos que no binocular; pero o prisma neste modelo, ten una construción máis complexa xa que debe dividir a luz incidente en tres raios de luz iguais.
En liñas xerais os dous oculares empregados polo observador atópanse montados cunha inclinación de 45º respecto á superficie horizontal. O terceiro ocular está montado verticalmente no cabezal do microscopio.
As partes do microscopio trinocular clasifícanse entre as do sistema mecánico e o sistema óptico.
Os microscopios trinoculares empréganse en ámbitos profesionais para tomar imaxes de alta calidade das mostras. Serven tamén para gravar vídeos da evolución da mostra durante un espazo de tempo. Estes microscopios tamén están presentes no eido educativo para que alumnos e mestres poidan observar as mostras ó mesmo tempo.
Este modelo en concreto é un Nikon fabricado en Xapón no 1970. Foi o primeiro modelo da marca, equipado cun iluminador Kohler incorporado na base do miscroscopio permitindo fotomicrografías moi boas, cando unha cámara se montaba no adaptador.