Vaso Train

O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue nos membros inferiores. Na forma tubular de vidro que apreciamos na imaxe, unha das pernas era introducida para aplicarlle presións positivas e negativas mediante vacío.

Hoxe en día é considerada como unha das terapias máis revolucionarias en fisioterapia. O aparello deu en evolucionar para tratar tamén os membros superiores en doenzas como:

  • O síndrome RSI ou síndrome de lesións provocadas polo esforzo repetitivo, como as dores en articulacións por determinados traballos.
  • CRPS ou síndrome de dor rexional complexa na etapa 1 e 2. Epicondilitis.
  • CTS ou síndrome do túnel carpiano.
  • Inflamación post- traumática e post- operatoria
  • Aceleración na cicatrización de feridas
  • Terapia de edema (tras unha linfadectomía)
  • Terapia de dor.

A terapia de vacío intermitente provoca unha dilatación rítmica e de compresión do sistema venoso e linfático. Deste xeito aumenta a circulación, o refluxo venoso e a eliminación da linfa e dos produtos de desfeito. Ó mesmo tempo, as ondas de presión e de vacío intermitente promoven a capilarización.

Os resultados de recuperación sobre a zona afectada optimízanse mantendo un efecto a longo prazo. Este tipo de terapia aceleraba a rexeneración e rehabilitación cun efecto rápido nas terapias de dor crónica.