Aparello de Diatermia
A Diatermia ten a súa orixe nos estudos desenvolvidos polo físico, enxeñeiro e gran Tesla, que axudado por D’Arsonval, contribuiu significativamente á ciencia a través das súas investigacións.
En 1930 foi o francés quen amosou que a frecuencia superior a 100 kHz aplicada por condución a través de electrodos de metal en contacto coa pel, fora capaz de quentar os tecidos profundos, sen efectos nocivos. Xurdiu a diatermia por condución.
Pero foi na segunda metade do século XX cando Zeyneck e Nagelschmidt melloraron a técnica a través de equipos avanzados. Estes permitiron o tratamento de diversas patoloxías mediante a aplicación de correntes de alta frecuencia (calor) nas zonas afectadas. ; o que reactiva o metabolismo celular.
Este tipo de técnica foi introducida en España en 1910 grazas ao Dr. Celedonio Calatayud. Este doutor foi pioneiro no uso da diatermia nas terapias xinecolóxicas, o que supuxo un gran avance a nivel internacional. Conseguiu desenvolver o seu propio estudio de diatermia ó mesmo tempo que os seus contemporáneos alemáns.
A diatermia está intimamente relacionada coa electroterapia. Servizos médicos privados, balnearios e hidroterapia ofrecen este tipo de sesións que nun tempo foron asociadas co tratamento de enfermidades do sistema nervioso e neurolóxicas: cabe suliñar o importante papel que tivo esta disciplina médica no tratamento da psicose, en que os doentes eran sometidos a tratamentos de diatermia cerebral na primeira década dos anos vinte usando correntes galvanizadas. Os doutores finalmente consideraron esta terapia, insegura e ineficente.
O ámbito no que se desenvolve inclúe traumatoloxía, fisioterapia, rehabilitación, medicina deportiva, reumatoloxía, xestión da dor, dermatoloxía e medicina estética.
Hoxe a diatermia ten efectos fisiolóxicos moi beneficiosos para a saúde:
- Elevación da temperatura do tecido
- Aumento do fluxo vascular mediante vasodilatación
- Aporte máis elevado das endorfinas liberada
- Antiinflamatorio
- Antiespasmódicos
- Difusión crecente nas membranas celulares: neuralterapia
- Fluidificación de coloides e graxas
- Xermicida
- Contribución enerxética