Enter your email Address

  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
  • XUNTA DE GALICIA Consellería de Sanidade
  • SERGAS Xerencia de Xestión Integrada de Vigo
  • Galego Galego Galego da
  • Español Español Español es
| 986 09 14 24 | 21-05-2025 | Login
MUSAVI
  • Portada
  • Acerca do Museo
    • Sobre o Museo
    • Novas
    • Prensa
    • Doadores
    • Colaboradores
  • Visita Virtual
    • Equipamento e Tecnoloxía
    • Documentación histórica
    • Documentación gráfica
    • Documentación artística
  • Persoeiros
  • Canle TV
  • Contactar co Museo
  • Doadores
  • Publicacións
  • Menú Menú

O aparello de diatermia atopa a súa orixe no S. XX a través dos estudos de Tesla, D´Arsonval, Zeyneck e Nagelschmidt. Empregado para o tratamento de diversas patoloxías mediante a aplicación de correntes de alta frecuencia – calor- nas zonas afectadas e reactivando deste xeito o metabolismo celular, atópase ligada á electroterapia. O campo de aplicación no que atopamos resultados abarca fisioterapia, rehabilitación e medicina estética entre outros.

Aparello de Diatermia

Ficha técnica

Nº Referencia:
MTMFRE01
Data de incorporación:
20/12/2017
Procedencia:
Pontevedra
Lugar de orixe:
Donación
Época:
Entre 1950-1999
Propiedade:
Doada
Ano de fabricación:
1950- 1960?
Número de serie:
10094
Modelo:
Ultratherm S-500
Marca:
Siemens

Descrición

A Diatermia ten a súa orixe nos estudos desenvolvidos polo físico, enxeñeiro e gran Tesla, que axudado por D’Arsonval, contribuiu significativamente á ciencia a través das súas investigacións.

En 1930 foi o francés quen amosou que a frecuencia superior a 100 kHz aplicada por condución a través de electrodos de metal en contacto coa pel, fora capaz de quentar os tecidos profundos, sen efectos nocivos. Xurdiu a diatermia por condución.

Pero foi na segunda metade do século XX cando Zeyneck e Nagelschmidt melloraron a técnica a través de equipos avanzados. Estes permitiron o tratamento de diversas patoloxías mediante a aplicación de correntes de alta frecuencia (calor) nas zonas afectadas. ; o que reactiva o metabolismo celular.

Este tipo de técnica foi introducida en España en 1910 grazas ao Dr. Celedonio Calatayud. Este doutor foi pioneiro no uso da diatermia nas terapias xinecolóxicas, o que supuxo un gran avance a nivel internacional. Conseguiu desenvolver o seu propio estudio de diatermia ó mesmo tempo que os seus contemporáneos alemáns.

A diatermia está intimamente relacionada coa electroterapia. Servizos médicos privados, balnearios e hidroterapia ofrecen este tipo de sesións que nun tempo foron asociadas co tratamento de enfermidades do sistema nervioso e neurolóxicas: cabe suliñar o importante papel que tivo esta disciplina médica no tratamento da psicose, en que os doentes eran sometidos a tratamentos de diatermia cerebral na primeira década dos anos vinte usando correntes galvanizadas. Os doutores finalmente consideraron esta terapia, insegura e ineficente.

O ámbito no que se desenvolve inclúe traumatoloxía, fisioterapia, rehabilitación, medicina deportiva, reumatoloxía, xestión da dor, dermatoloxía e medicina estética.

Hoxe a diatermia ten efectos fisiolóxicos moi beneficiosos para a saúde:

  • Elevación da temperatura do tecido
  • Aumento do fluxo vascular mediante vasodilatación
  • Aporte máis elevado das endorfinas liberada
  • Antiinflamatorio
  • Antiespasmódicos
  • Difusión crecente nas membranas celulares: neuralterapia
  • Fluidificación de coloides e graxas
  • Xermicida
  • Contribución enerxética

Descrición física

Medidas:
18x55x14
Cor:
crema, negra, gris e metálica
Forma:
O dispositivo ten forma de cubo rectangular con cantos redondeados. Na parte superior do cubo atoparemos o panel de control da máquina cun vúmetro, o interruptor e dous fíos que regulan a intensidade das correntes: nunha, a letra S en maiúsculas e na outra o W. Completa o equipo un brazo armado que se proxecta dende un lado do cubo que remata en dous cabezais de onda curta. No interior do cubo atopamos o circuíto electromecánico co que funciona o dispositivo.
Materiais:
aceiro, aluminio, goma e plástico.
Inscricións:
Na cara frontal do cubo atopamos a marca do aparello no que figura "Siemens España". Na cara posterior hai dúas placas metálicas. No centro unha delas contén a seguinte advertencia: "¡Atención! Antes de abrir desconectar el aparato de la red". Embaixo desta, outra coas seguientes características técnicas: Nº10094 tipo S500 Volts pr 125/220 Volts sec 3400 Amp pr 5 Amp sec 02 KVA 50

Outras pezas de tecnoloxía

Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

19 Xuño, 2018
O MUSAVI conta cunha mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica doada pola familia do Doutor Telmo Pérez. A peza que aínda se conserva en bo estado é de gran valor histórico, xa que integraba todos os aparellos que se precisaban para a exploración oftalmolóxica e posterior graduación dos lentes: Lámpada de fenedura, Queratómetro, Refractómetro e caixa de lentes. Dous separadores de madeira, sobre a superficie da mesa conformaban os catro espazos nos que se integraba cada unha destas pezas nun cubículo. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/mesa-giratoria-1.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 16:41:452018-06-19 16:41:45Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

Multostat aparello de electroterapia

19 Xuño, 2018
O Multostat era un aparello para producir correntes de Leduc, unha corrente uniforme ritmicamente interrumpida. Empregado fai uns cen anos en tratamentos de electroterapia para as neuralxias e músculos, transformaba a corrente alterna en corrente continua de baixa intensidade, aplicable ó tratamento nas persoas. É precursor das actuais correntes galvánicas que se utilizan hoxe en día nos tratamentos de electroterapia.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/MULTOSTAT-1.jpg 1300 1102 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 12:57:152018-06-19 12:59:53Multostat aparello de electroterapia

Tonómetro de Schioetz

18 Xuño, 2018
A tonometría é a técnica empregada para medir a presión intraocular de forma indirecta a través da medida da tensión da membrana corneal. Mudou moito ó longo de case dous séculos, dende os primeiros intentos de William Browman (1826), consistentes na simple palpación a través do párpado superior, ás técnicas actuais. A primeira técnica que introduxo un instrumento realmente útil e sinxelo para a clínica foi a de Hjalmar Schioetz (1850-1927). Recibe o nome de Tonómetro de Schioetz, e o seu uso extendeuse rapidamente convertíndose no aparello estándar para medir a presión intraocular.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/RETINA.jpg 1100 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 20:04:532018-06-18 20:04:53Tonómetro de Schioetz

Electroimán Cirúrxico

18 Xuño, 2018
A colección do MUSAVI na súa rama de oftalmoloxía conta cun aparello de grandes dimensións e moi chamativo. Estamos a falar do electroimán cirúrxico, un instrumento moi útil doado pola familia do oftalmólogo Telmo Pérez que empregábase para a extracción de corpos estranos metálicos intraoculares. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/ELECTROIMAN-QUIRÚRGICO.jpg 1300 796 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 19:27:412019-04-15 13:51:07Electroimán Cirúrxico

Fotómetro de chama

23 Abril, 2018
Este é un fotómetro de chama, aparello empregado xunto co espectómetro de absorción, data de finais dos anos corenta e funcionaba cunha bombona de butano. Esta era necesaria para activar a chama do aparello e extraer os ions de sodio e potasio.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/04/FOTOMETRO-LLAMA-MINI.jpg 494 886 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-04-23 11:07:502018-04-23 11:14:10Fotómetro de chama

Vaso Train

5 Marzo, 2018
O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue sobre todo nos membros inferiores.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/02/VASOTRAINKOK.jpg 1300 1054 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:272018-05-29 16:33:38Vaso Train

Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

5 Marzo, 2018
O neumotórax artificial Sistema Arévalo é un aparello que xorde na primeira metade do S. XX para o tratamento de afeccións pulmonares como a tuberculose.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/NEUMOTORAX.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:172018-03-20 16:20:48Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen

5 Marzo, 2018
A lámpada de Finsen foi inventada polo científico danés que leva o seu nome, para o tratamento de diversas afeccións por medio da radiación ultravioleta. Foi empregada para casos de raquitismo e doenzas dermatolóxicas.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/RAYOS-UVA-1.jpg 1223 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:082018-05-29 16:10:20Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen
AnteriorPosterior

A VOCACIÓN DO MUSAVI

O Museo Sanitario de Vigo, MUSAVI, nace coa vocación de converterse nun referente científico, documental e tecnolóxico relacionado cos temas da saúde, e en particular, do patrimonio médico e sanitario, actualmente abandonado ou en desuso.

SEDE ADMINISTRATIVA

Hospital Álvaro Cunqueiro
Estrada de Clara Campoamor, 341
36312 Vigo, Pontevedra
info@museosanitariovigo.es
986 09 14 24

Ver mapa

© Copyright - MUSAVI
  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
Lámpada de feneduraMicroscopio E. Leitz Wetzlar
Desplazarse hacia arriba

Login

Forgotten Password?

Lost your password?
| Back to Login