Enter your email Address

  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
  • XUNTA DE GALICIA Consellería de Sanidade
  • SERGAS Xerencia de Xestión Integrada de Vigo
  • Galego Galego Galego da
  • Español Español Español es
| 986 09 14 24 | 27-03-2023 | Login
MUSAVI
  • Portada
  • Acerca do Museo
    • Sobre o Museo
    • Novas
    • Prensa
    • Doadores
    • Colaboradores
  • Visita Virtual
    • Equipamento e Tecnoloxía
    • Documentación histórica
    • Documentación gráfica
    • Documentación artística
  • Persoeiros
  • Canle TV
  • Contactar co Museo
  • Doadores
  • Publicacións
  • Menú Menú

Lámpada de fenedura

en Servizo de Oftalmoloxía oftalmólogo, ojo, óptico, optometrista, visión Hospital Rebullón, Hospital Xeral, Policlínico Cíes

A Lámpada de fenedura ou Biomicroscopio é un dispositivo óptico empregado en oftalmoloxía e optometría para a exploración das estruturas da porción anterior do ollo. Trátase dun instrumento moi versátil na práctica clínica e neste caso componse de dúas partes: o microscopio (sistema de observación) e a lámpada (sistema de iluminación).

O sistema de iluminación proporciona unha fonte de luz precisa e variable contendo flitros como o azul de cobalto empregado como flitro excitador que aumenta o contraste da fluoresceína; un filtro verde ou luz anheritra (libre de cor vermella) que ten a finalidade de aumentar o contraste dos vasos sanguíneos e un filtro difusor que se emprega para crear unha dispersión homoxénea da luz sobre o segmento anterior do globo ocular.

No sistema de iluminación atopamos un espello, que nalgúns modelos pode ser rotatorio; e controis para regular a altura, o ancho e a posición da fenedura. Conta cun apoio onde o paciente coloca a cabeza, -un oco para o queixo e outro para a fronte-. Uns lentes de aumento que levan a imaxe aumentada a través duns oculares ata o profesional (oftalmólogo) e tamén uns mandos para mover a lámpada ata a posición exacta e centrar a imaxe nun ollo ou outro.

O microscopio ou sistema de observación proporciona unha imaxe estereoscópica con diferentes poderes de magnificación. O uso do biomicroscopio é indispensable como parte do exame de rutina ocular para detectar calqueira patoloxía do segmento anterior do globo ocular. Do mesmo xeito a forma axeitada e profesional de evaluar a adaptación dos lentes é mediante o uso do mesmo. Os profesionais ben entrenados no uso de mesmo obterán mellores resultados e estarán ofrecendo un servizo de calidade no coidado primario da saúde ocular.

A lámpada de fenedura conta con cento sete anos de antigüidade e o seu inventor foi Allvar Gullstrand. Co seu adianto foi posible mellorar a exploración do ollo e establecer con máis precisión a diagnose e tratamento das afección oculares. Foi premiado co Nobel de Fisioloxía e Medicina sobre os sistemas dióptricos do ollo humano.

https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/01/HENDIDURA.jpg 1300 827 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-01-18 18:12:442018-03-05 13:58:39Lámpada de fenedura

A VOCACIÓN DO MUSAVI

O Museo Sanitario de Vigo, MUSAVI, nace coa vocación de converterse nun referente científico, documental e tecnolóxico relacionado cos temas da saúde, e en particular, do patrimonio médico e sanitario, actualmente abandonado ou en desuso.

SEDE ADMINISTRATIVA

Hospital Álvaro Cunqueiro
Estrada de Clara Campoamor, 341
36312 Vigo, Pontevedra
info@museosanitariovigo.es
986 09 14 24

Ver mapa

© Copyright - MUSAVI
  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
Desplazarse hacia arriba

Login

Forgotten Password?

Lost your password?
| Back to Login