Multostat aparello de electroterapia

O Multostat era un aparello para producir correntes de Leduc, unha corrente uniforme ritmicamente interrumpida. Empregado fai uns cen anos en tratamentos de electroterapia para as neuralxias e neuritis, entre outros, aplicábase na cabeza e producía insensibilidade e insconsciencia pasaxeiras (electronarcosis).

Trataríase dun aparato precursor de electroterapia que transformaba a corrente alterna en corrente continua de baixa intensidade, aplicable ó tratamento nas persoas. O Multostat é precursor das actuais correntes galvánicas que se utilizan hoxe en día nos tratamentos de electroterapia.

O Multostat era o nome comercial dun instrumento electromédico multifunción; suministro de tratamentos eléctricos galvánicos, farádicos e sinusoidais dende unha única fonte e fabricado por Elektrizitätsgesellschaft Sanitas de Berlín, marca profundamente involucrada na fabricación e suministro de equipos de raios X. Este aparello era un máis da familia de instrumentos similares ofrecidos por varios fabricantes, que comercializaban outros baixo nomes como Pantostat ou Polystat.

O concepto de deseño -independentemente do fabricante-, foi en primeiro lugar, para permitir que o tratamento eléctrico “sen terra” fose dunha fonte de corrente directa sen a posibilidade de que o paciente recibise descargas eléctricas desagradables e en ocasions fatais que poderían ocorrer co tratamento enerxizado directo da rede e, en segundo lugar, para proporcionar diferentes tipos de tratamento dun mesmo instrumento.

Posteriormente, algúns fabricantes ofreceron un aparello “universal” similar para correntes indirectas con batería. As características clave das versións das correntes accionadas pola rede destes aparellos sen toma de terra eran eléctricas cun motor e xerador aislados entre sí e típicamente enrolados un ó lado do outro no mesmo eixo e dentro da mesma carcasa.

Algúns fabricantes montaron os dous compoñentes por separado. A corrente alterna do xerador transformouse nunha tensión de corrente alterna para
aplicacións sinusoidais e para calentar un cauterio ou o filamento dunha lámpada cirúrxica; e outra para o devanado aillado, separado no motor, que deu unha saída de corrente reducida para a galvanización, ionización e a proba de nervios e músculos. Nalgúns modelos, o motor (xeralmente sobre
1/8 cabalos de forza) podería ser empregado para conducir un eixo flexible para masaxe mecánico e para dezasete taladros de potencia, trefines e serras circulares para cirurxía.

Hospital Rebullón

Selección de fotografías de este centro que nace no ano 1930 como colonia estival para nenos pobres, posteriormente prestará asistencia a enfermos tuberculosos.

O Rebullón foi poularmente coñecido ata os nosos días como o centro de internamento de doentes con enfermidades mentais da provincia. Numerosos documentos acreditan os servizos e apoio que prestaba esta institución a aquelas persoas con problemas psiquiátricos e tamén ás súas familias.

Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen

A lámpada de Finsen recibe o seu nome do Nobel Niels Ryberg Finsen, un danés nado nas illas Feroe no ano 1860. A falla de luz solar no arquipélago e as adversas condicións climatolóxicas levoáronno a investigar sobre a luz artificial e o seus efectos fisiolóxicos. Tralo descubrimento da capacidade destrutora dos raios ultravioletas, aplicados ás colonias de bacterias, desenvolveu unha lámpada eléctrica de arco voltaico para o tratamento do lupus tuberculoso. A chamada luz de Finsen.

Este achado levouno a percibir o Nobel de Mediciña no ano 1903. Premio que xa non puido recoller por mor dunha avanzada enfermidade que rematou coa súa traxectoria profesional ó ano seguinte.

Xa dende a súa época como estudante amosou gran interese polos beneficios terapéuticos da luz solar. A súa primeira investigación xirou en torno ó illamento dun grupo de enfermos de varíola. Nun primer termo pechounos en cuartos escuros e despois expuso as vexigas ás radiacións lumínicas a través de orificios nas cortinas, cun efecto satisfactorio e diminuindo o risco de deixar cicatrices. No ano 1896 fundou o Instituto Terapéutico Finsen orientado á investigación das cualidades deste tipo de luz.

A lámpada de Finsen supuxo un gran avance en relación ao raquitismo en zonas con escasa radiación solar o que deu en investigar os efectos da luz ultravioleta como xerador de vitamina D para curar outros tipos de procesos como a depresión estacional.