Electroimán Cirúrxico

A colección do MUSAVI na súa rama de oftalmoloxía conta cun aparello de grandes dimensións e moi rechamante. Estamos a falar do electroimán cirúrxico, un instrumento moi útil fácil pola familia do oftalmólogo Telmo Pérez que se empregaba para a extracción de corpos estranos metálicos intraoculares.

Os nosos antergos coñeceron que as pedras de óxido negro de ferro (imáns) posuían a curiosa propiedade de atraer pequenas pezas de ferro.
Estas pedras foron atopadas en cantidade en Magnesia, Asia Menor, localidade da que se deriva a denominación de magnetos.

En cirurxía xeral, desde tempos inmemoriais, os magnetos foron empregados para a extración de corpos estranos metálicos aloxados nos tecidos do corpo humano; así mesmo, o imán foi usado para este propósito na India, antes da era cristiá.

Feldhaus (1903) atribúe a Hieronymus Brunshwyck (1497- 1534) a primeira mención da extracción magnética dun corpo estrano do ollo. A primeira extracción dun corpo estraño intraocular foi reportada cara a 1842, cando
Nikolaus Meyer extraeu un fragmento de ferro aloxado detrás do iris, a través dunha ferida escleral, cun magneto que pesaba 30 libras. Himli (1843) extraeu un corpo extrano metálico da cámara anterior do ollo e Me Keown (1874), de Dublin, fué o primeiro en introducir un lapis magnético dentro do vítreo para remover unha partícula estrana.

Julius Hirschberg (1843-1925), asistente de Von Geraefé e profesor de oftalmoloxía en Berlín de 1879 a 1900 , aplicou por primeira vez o electroimán para a extracción de corpos estraños intraoculares metálicos imantables (1879); seguidamente escribiu dous manuais clásicos sobre operación magnética en oftalmoloxía (1885 – 1899).

Desde a introdución do electroimán na práctica oftalmolóxica, comezáronse a fabricar diferentes tipos: hainos pequenos, de man, e grandes ou fixos. Os

electroimans grandes ou xigantes caracterízanse polo seu enorme poder de atracción e o seu gran peso, polo cal necesitan un soporte firme e resistente tanto se se montan no piso ou a parede. Existen moitos tipos:
o Habb, o de Errvee, o de Volkmann, o de Cadeiras, o de Mellinger, ou o de Livingston.