Enter your email Address

  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
  • XUNTA DE GALICIA Consellería de Sanidade
  • SERGAS Xerencia de Xestión Integrada de Vigo
  • Galego Galego Galego da
  • Español Español Español es
| 986 09 14 24 | 27-03-2023 | Login
MUSAVI
  • Portada
  • Acerca do Museo
    • Sobre o Museo
    • Novas
    • Prensa
    • Doadores
    • Colaboradores
  • Visita Virtual
    • Equipamento e Tecnoloxía
    • Documentación histórica
    • Documentación gráfica
    • Documentación artística
  • Persoeiros
  • Canle TV
  • Contactar co Museo
  • Doadores
  • Publicacións
  • Menú Menú

Peza auténtica e plenamente funcional. Fabricada en metal, vidro e madeira. Pode ser empregada aínda para pesar produtos e fórmulas de análise químico e biolóxico en laboratorios e farmacia.

Balanza de precisión Cobos

Ficha técnica

Nº Referencia:
MTAP1
Data de incorporación:
20/11/2017
Procedencia:
Pontevedra
Lugar de orixe:
Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital Xeral
Época:
Entre 1950-1999
Propiedade:
Doada
Ano de fabricación:
16/09/1957
Número de serie:
8
Modelo:
Balanza fina ME
Marca:
Cobos

Descrición

A Balanza de Precisión foi un instrumento inefable no campo da investigación médico- sanitaria ao longo do tempo. O seu descubrimento remóntase a Exipto cara ó 3500 a. C. grazas ao comercio. Máis tarde mellorada polo imperio romano e posteriormente polo xenio Da Vinci, foi empregada nos laboratorios para pesar pequenas cantidades de masa reactivos na realización de análise químicos ou biolóxicos. Sempre destacaron pola súa afinación aínda que moitas de estas xoias quedaran obsoletas coa aparición das básculas electrónicas.

Para obter un correcto funcionamento da balanza de precisión Cobos débense poñer todos os números un (I) á esquerda e os dous (II) á dereita, tanto dos pratos, como dos fíos que os suxeitan e o fiel. Pode ser que tamen teñan I ou II marcas no canto de números. Estes deben ficar ben postos dentro da coitela; e o soporte do fiel ben aliñado por debaixo con respecto a o fiel da balanza.

As dúas pezas roscadas que van ós dous extremos do fiel serven para axustar e centrar a agulla da escala, cando o fiel está levantado; para pesar rotando a roda/mando que hai diante e fóra da caixa de vidro que a contén.

É importante que nivelen ben a balanza cos pes niveladores e fixándose en que a burbulla do nivel quede ben centrada.

A balanza procede de España e conta cun gran potencial estético e decorativo, sendo unha peza auténtica e plenamente funcional. Está fabricada en metal plateado e pode empregarse aínda para pesar produtos e fórmulas coa máxima precisión.

A balanza conta cun mástil cilíndrico de metal. Na súa parte superior podemos ver dúas pezas de ferro fundido. Estas pezas soportan a cruz de metal plateado e axudan a manter os platillos estables. No centro da cruz está fixado o fiel, a agulla que marca o peso cunha escala graduada no extremo inferior.

A balanza atópase protexida por unha caixa fabricada en madeira maciza e vidro. A base da urna é de cor negra e leva tres platos regulables que permiten unha correcta colocación da balanza para obter pesos exactos sobre calqueira superficie. O xogo de pesas e micropesas completan esta peza nas súas caixiñas de madeira.

Vídeo

Galería

Descrición física

Medidas:
36x46x x?
Cor:
marrón, metálica e negra
Forma:
A estrutura da peza conta cun exterior de forma rectangular que corresponde coa forma da caixa de vidro e madeira na que se atopa a peza. A balanza en sí ten forma de cruz con dous platillos metálicos pendurados dunhas finas varillas plateadas. No centro da cruz atópase o fiel, a agulla que marca o peso, co extremo inferior lindando cunha escala graduada. Completan o conxunto dúas caixas de madeira nas que se atopan as pesas, micropesas e pinzas orixinais da época.
Materiais:
Madeira maciza, vidro e aceiro
Inscricións:
Contén unha chapa metálica co nome, o modelo, o número de serie e as características técnicas. Aínda ca etiqueta metálica está un pouco borrosa é unha balanza de 100gr. de capacidade cunha precisión dun mg. fabricada polos anos 60.
Estado:
Perfecto estado

Outras pezas de tecnoloxía

Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

19 Xuño, 2018
O MUSAVI conta cunha mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica doada pola familia do Doutor Telmo Pérez. A peza que aínda se conserva en bo estado é de gran valor histórico, xa que integraba todos os aparellos que se precisaban para a exploración oftalmolóxica e posterior graduación dos lentes: Lámpada de fenedura, Queratómetro, Refractómetro e caixa de lentes. Dous separadores de madeira, sobre a superficie da mesa conformaban os catro espazos nos que se integraba cada unha destas pezas nun cubículo. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/mesa-giratoria-1.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 16:41:452018-06-19 16:41:45Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

Multostat aparello de electroterapia

19 Xuño, 2018
O Multostat era un aparello para producir correntes de Leduc, unha corrente uniforme ritmicamente interrumpida. Empregado fai uns cen anos en tratamentos de electroterapia para as neuralxias e músculos, transformaba a corrente alterna en corrente continua de baixa intensidade, aplicable ó tratamento nas persoas. É precursor das actuais correntes galvánicas que se utilizan hoxe en día nos tratamentos de electroterapia.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/MULTOSTAT-1.jpg 1300 1102 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 12:57:152018-06-19 12:59:53Multostat aparello de electroterapia

Tonómetro de Schioetz

18 Xuño, 2018
A tonometría é a técnica empregada para medir a presión intraocular de forma indirecta a través da medida da tensión da membrana corneal. Mudou moito ó longo de case dous séculos, dende os primeiros intentos de William Browman (1826), consistentes na simple palpación a través do párpado superior, ás técnicas actuais. A primeira técnica que introduxo un instrumento realmente útil e sinxelo para a clínica foi a de Hjalmar Schioetz (1850-1927). Recibe o nome de Tonómetro de Schioetz, e o seu uso extendeuse rapidamente convertíndose no aparello estándar para medir a presión intraocular.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/RETINA.jpg 1100 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 20:04:532018-06-18 20:04:53Tonómetro de Schioetz

Electroimán Cirúrxico

18 Xuño, 2018
A colección do MUSAVI na súa rama de oftalmoloxía conta cun aparello de grandes dimensións e moi chamativo. Estamos a falar do electroimán cirúrxico, un instrumento moi útil doado pola familia do oftalmólogo Telmo Pérez que empregábase para a extracción de corpos estranos metálicos intraoculares. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/ELECTROIMAN-QUIRÚRGICO.jpg 1300 796 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 19:27:412019-04-15 13:51:07Electroimán Cirúrxico

Fotómetro de chama

23 Abril, 2018
Este é un fotómetro de chama, aparello empregado xunto co espectómetro de absorción, data de finais dos anos corenta e funcionaba cunha bombona de butano. Esta era necesaria para activar a chama do aparello e extraer os ions de sodio e potasio.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/04/FOTOMETRO-LLAMA-MINI.jpg 494 886 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-04-23 11:07:502018-04-23 11:14:10Fotómetro de chama

Vaso Train

5 Marzo, 2018
O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue sobre todo nos membros inferiores.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/02/VASOTRAINKOK.jpg 1300 1054 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:272018-05-29 16:33:38Vaso Train

Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

5 Marzo, 2018
O neumotórax artificial Sistema Arévalo é un aparello que xorde na primeira metade do S. XX para o tratamento de afeccións pulmonares como a tuberculose.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/NEUMOTORAX.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:172018-03-20 16:20:48Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen

5 Marzo, 2018
A lámpada de Finsen foi inventada polo científico danés que leva o seu nome, para o tratamento de diversas afeccións por medio da radiación ultravioleta. Foi empregada para casos de raquitismo e doenzas dermatolóxicas.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/RAYOS-UVA-1.jpg 1223 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:082018-05-29 16:10:20Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen
AnteriorPosterior

A VOCACIÓN DO MUSAVI

O Museo Sanitario de Vigo, MUSAVI, nace coa vocación de converterse nun referente científico, documental e tecnolóxico relacionado cos temas da saúde, e en particular, do patrimonio médico e sanitario, actualmente abandonado ou en desuso.

SEDE ADMINISTRATIVA

Hospital Álvaro Cunqueiro
Estrada de Clara Campoamor, 341
36312 Vigo, Pontevedra
info@museosanitariovigo.es
986 09 14 24

Ver mapa

© Copyright - MUSAVI
  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
Rectoscopio Conde
Desplazarse hacia arriba

Login

Forgotten Password?

Lost your password?
| Back to Login