A lámpada de fenedura ou biomicroscopio é un dispositivo empregado en oftalmoloxía e optometría para a exploración do ollo. Componse de dúas partes: o microscopio e a lámpada, proporcionando unha imaxe estreoscópica con diferentes poderes de magnificación para detectar calqueira patoloxía do segmento anterior do globo ocular.
Lámpada de fenedura
Ficha técnica
- Nº Referencia:
- MTOF01
- Data de incorporación:
- 20/12/2017
- Procedencia:
- Pontevedra
- Lugar de orixe:
- Hospital Xeral / Cíes
- Época:
- Entre 1950-1999
- Propiedade:
- Propietaria
- Ano de fabricación:
- Década dos oitenta
- Número de serie:
- 01473// Nº do Sergas 037784
- Modelo:
- CS-2
- Marca:
- Nikon Slit Lamp Microscope
Descrición
A Lámpada de fenedura ou Biomicroscopio é un dispositivo óptico empregado en oftalmoloxía e optometría para a exploración das estruturas da porción anterior do ollo. Trátase dun instrumento moi versátil na práctica clínica e neste caso componse de dúas partes: o microscopio (sistema de observación) e a lámpada (sistema de iluminación).
O sistema de iluminación proporciona unha fonte de luz precisa e variable contendo flitros como o azul de cobalto empregado como flitro excitador que aumenta o contraste da fluoresceína; un filtro verde ou luz anheritra (libre de cor vermella) que ten a finalidade de aumentar o contraste dos vasos sanguíneos e un filtro difusor que se emprega para crear unha dispersión homoxénea da luz sobre o segmento anterior do globo ocular.
No sistema de iluminación atopamos un espello, que nalgúns modelos pode ser rotatorio; e controis para regular a altura, o ancho e a posición da fenedura. Conta cun apoio onde o paciente coloca a cabeza, -un oco para o queixo e outro para a fronte-. Uns lentes de aumento que levan a imaxe aumentada a través duns oculares ata o profesional (oftalmólogo) e tamén uns mandos para mover a lámpada ata a posición exacta e centrar a imaxe nun ollo ou outro.
O microscopio ou sistema de observación proporciona unha imaxe estereoscópica con diferentes poderes de magnificación. O uso do biomicroscopio é indispensable como parte do exame de rutina ocular para detectar calqueira patoloxía do segmento anterior do globo ocular. Do mesmo xeito a forma axeitada e profesional de evaluar a adaptación dos lentes é mediante o uso do mesmo. Os profesionais ben entrenados no uso de mesmo obterán mellores resultados e estarán ofrecendo un servizo de calidade no coidado primario da saúde ocular.
A lámpada de fenedura conta con cento sete anos de antigüidade e o seu inventor foi Allvar Gullstrand. Co seu adianto foi posible mellorar a exploración do ollo e establecer con máis precisión a diagnose e tratamento das afección oculares. Foi premiado co Nobel de Fisioloxía e Medicina sobre os sistemas dióptricos do ollo humano.