Enter your email Address

  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
  • XUNTA DE GALICIA Consellería de Sanidade
  • SERGAS Xerencia de Xestión Integrada de Vigo
  • Galego Galego Galego da
  • Español Español Español es
| 986 09 14 24 | 12-06-2025 | Login
MUSAVI
  • Portada
  • Acerca do Museo
    • Sobre o Museo
    • Novas
    • Prensa
    • Doadores
    • Colaboradores
  • Visita Virtual
    • Equipamento e Tecnoloxía
    • Documentación histórica
    • Documentación gráfica
    • Documentación artística
  • Persoeiros
  • Canle TV
  • Contactar co Museo
  • Doadores
  • Publicacións
  • Menú Menú

Microscopio monocular petrográfico E. Leitz Wetzlar do ano 1910. En medicina foi empregado coma un microscopio normal sobre todo para ver a composición de cristais coma o ácido úrico e o pirofosfato cálcico.

Microscopio E. Leitz Wetzlar

Ficha técnica

Nº Referencia:
MTAP02
Data de incorporación:
22/11/2017
Procedencia:
Pontevedra
Lugar de orixe:
Hospital Nicolás Peña
Época:
Entre 1900-1924
Propiedade:
Propietaria
Ano de fabricación:
1910
Número de serie:
217805
Modelo:
Stativ
Marca:
Ernst Leitz Wetzlar

Descrición

Microscopio monocular E. Leitz Wetzlar do ano 1910 -información extraída a partires do número de serie 217805-. O modelo denomínase Stativ. Trátase dun microscopio petrográfico utilizado para traballos xeolóxicos (razón pola que a platina do mesmo é circular). O feito de ter a caixa orixinal confírelle máis valor.

Este microscopio é moi funcional dende o punto de vista técnico. Para a época na que xurdiu os alemáns conseguiron romper co dominio británico especialmente pola calidade dos seus obxectivos (os británicos provocaban irisación: mirábanse as cores do arco iris reflectidas sobre a mostra).

Tamén foi empregado no ámbito sanitario a pesar de ser utilizado fundamentalmente polos xeólogos para ver a composición dos estratos xeolóxicos. En medicina foi empregado coma un microscopio normal para estudios anatomopatolóxicos e sobre todo para ver a composición de cristais coma o ácido úrico e o pirofosfato cálcico.

Atópase nun estado impecable e funciona perfectamente: conserva todas as súas pezas e compoñentes orixinais da época. As pezas móbiles están fabricadas en latón e metal plateado; o latón conserva a laca transparente orixinal da época que lle aporta unha pátina cálida. Platina xiratoria, aparato iluminador Abbe, diafragma iris, revólver porta obxectivos.

O estuche de madeira de pino maciza onde se garda este aparello está moi ben conservado: no seu interior atopamos varios soportes de madeira para as distintas pezas, coma os oculares ou a caixa onde se gardan os accesorios. Tamén hai unha pequena caixa forrada en pel para meter os lentes que leva o nome do fabricante en letras douradas. A caixa conta cunha pechadura cunha chave que aínda funcionan.

Os inicios da célebre firma de material óptico Ernst Leitz Wetzlar atópanse na primeira metade do S. XIX, cando Carl Kellner, mecánico e matemático autodidacta, fundou o Carl Kellner Optisches Institut na localidade alemana de Wetzlar. Trala súa temperá morte, a súa viúva continuou co negocio. En 1864, o enxeñeiro mecánico Ernst Leitz entrou na empresa; tras so cinco anos fíxose co control e cambiou o seu nombre polo de Ernst Leitz Wetlzar. Leitz levou á empresa ó éxito tras introducir melloras como a producción en serie, acadando un gran incremento do volume de ventas a partires de 1871. Os microscopios de Leitz incluían melloras técnicas que aumentaban a súa calidade, o que fixo que para finais do século XIX a empresa tivera xa un sólido prestixio a nivel mundial. Ernst Leitz morreu en 1920, e a empresa pasou a mans do seu fillo.

Ademáis da fabricación de microscopios e material óptico, a firma Leitz aumentou considerablemente a súa fama grazas á produción das célebres cámaras fotográficas Leica (abreviatura de Leitz Camera).

Vídeo

Descrición física

Medidas:
20x35x23,5
Cor:
negra, marrón, dourada, plateada
Forma:
O microscopio leva un pe de ferradura en ferro fundido lacado cun profundo acabado en negro opaco. Conta con revólver de tres oxectivos/ lentes , estuche orixinal e xogo de accesorios completo.
Materiais:
madeira, pel, latón, metal, ferro
Inscricións:
Na torre do microscopio podemos ver a marca do fabricante Ernst Leitz Wetzlar e o número de serie do aparello gravado no metal: 217805. Cada un dos lentes do revólver leva as seguintes inscricións, as mesmas que aparecen nos estuches dos oculares colocadas no soporte de madeira. - 1/2 Cel Immersion Apert 1,30 E. Leitz Wetzlar - 2 E. Leitz Wetzlar - 4 - 6ª E.L.W Na caixa de madeira na que se integra o microscopio tamén conta con varias marcas. A primeira a atopamos na porta externa que contén a fechadura coa chave que aínda funcionan. Trátase dunha etiqueta metálica na que aparece serigrafiada a marca do distrubuidor de ortopedia e material médico H. Künne, situado en Vigo. Na cara interior da porta da caixa aparece unha etiqueta de papel coas seguintes inscricións: Mikroskop Nr 417805 Wetzlar, den 15. XII 1925 Ernst Leitz Optische Werke Vergröberungen bel 170 mm Tubuslänge und 250 mm Bildweite (Wen das Mikroskop mit Reuder versehen ist wird der Tubusauszug auf Strichmarke 152 gestelt) Xusto embaixo a tabla que divide as proporcións entre obxectivo e oculares.
Estado:
Perfecto estado

Outras pezas de tecnoloxía

Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

19 Xuño, 2018
O MUSAVI conta cunha mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica doada pola familia do Doutor Telmo Pérez. A peza que aínda se conserva en bo estado é de gran valor histórico, xa que integraba todos os aparellos que se precisaban para a exploración oftalmolóxica e posterior graduación dos lentes: Lámpada de fenedura, Queratómetro, Refractómetro e caixa de lentes. Dous separadores de madeira, sobre a superficie da mesa conformaban os catro espazos nos que se integraba cada unha destas pezas nun cubículo. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/mesa-giratoria-1.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 16:41:452018-06-19 16:41:45Mesa xiratoria de exploración oftalmolóxica Rodenstock

Multostat aparello de electroterapia

19 Xuño, 2018
O Multostat era un aparello para producir correntes de Leduc, unha corrente uniforme ritmicamente interrumpida. Empregado fai uns cen anos en tratamentos de electroterapia para as neuralxias e músculos, transformaba a corrente alterna en corrente continua de baixa intensidade, aplicable ó tratamento nas persoas. É precursor das actuais correntes galvánicas que se utilizan hoxe en día nos tratamentos de electroterapia.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/MULTOSTAT-1.jpg 1300 1102 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-19 12:57:152018-06-19 12:59:53Multostat aparello de electroterapia

Tonómetro de Schioetz

18 Xuño, 2018
A tonometría é a técnica empregada para medir a presión intraocular de forma indirecta a través da medida da tensión da membrana corneal. Mudou moito ó longo de case dous séculos, dende os primeiros intentos de William Browman (1826), consistentes na simple palpación a través do párpado superior, ás técnicas actuais. A primeira técnica que introduxo un instrumento realmente útil e sinxelo para a clínica foi a de Hjalmar Schioetz (1850-1927). Recibe o nome de Tonómetro de Schioetz, e o seu uso extendeuse rapidamente convertíndose no aparello estándar para medir a presión intraocular.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/RETINA.jpg 1100 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 20:04:532018-06-18 20:04:53Tonómetro de Schioetz

Electroimán Cirúrxico

18 Xuño, 2018
A colección do MUSAVI na súa rama de oftalmoloxía conta cun aparello de grandes dimensións e moi chamativo. Estamos a falar do electroimán cirúrxico, un instrumento moi útil doado pola familia do oftalmólogo Telmo Pérez que empregábase para a extracción de corpos estranos metálicos intraoculares. 
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/06/ELECTROIMAN-QUIRÚRGICO.jpg 1300 796 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-06-18 19:27:412019-04-15 13:51:07Electroimán Cirúrxico

Fotómetro de chama

23 Abril, 2018
Este é un fotómetro de chama, aparello empregado xunto co espectómetro de absorción, data de finais dos anos corenta e funcionaba cunha bombona de butano. Esta era necesaria para activar a chama do aparello e extraer os ions de sodio e potasio.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/04/FOTOMETRO-LLAMA-MINI.jpg 494 886 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-04-23 11:07:502018-04-23 11:14:10Fotómetro de chama

Vaso Train

5 Marzo, 2018
O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue sobre todo nos membros inferiores.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/02/VASOTRAINKOK.jpg 1300 1054 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:272018-05-29 16:33:38Vaso Train

Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

5 Marzo, 2018
O neumotórax artificial Sistema Arévalo é un aparello que xorde na primeira metade do S. XX para o tratamento de afeccións pulmonares como a tuberculose.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/NEUMOTORAX.jpg 1300 867 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:172018-03-20 16:20:48Equipo de neumotórax artificial Sistema Arévalo

Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen

5 Marzo, 2018
A lámpada de Finsen foi inventada polo científico danés que leva o seu nome, para o tratamento de diversas afeccións por medio da radiación ultravioleta. Foi empregada para casos de raquitismo e doenzas dermatolóxicas.
https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2018/03/RAYOS-UVA-1.jpg 1223 1300 Redacción MUSAVI https://museosanitariovigo.es/wp-content/uploads/2022/01/logo-mu4.png Redacción MUSAVI2018-03-05 13:58:082018-05-29 16:10:20Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen
AnteriorPosterior

A VOCACIÓN DO MUSAVI

O Museo Sanitario de Vigo, MUSAVI, nace coa vocación de converterse nun referente científico, documental e tecnolóxico relacionado cos temas da saúde, e en particular, do patrimonio médico e sanitario, actualmente abandonado ou en desuso.

SEDE ADMINISTRATIVA

Hospital Álvaro Cunqueiro
Estrada de Clara Campoamor, 341
36312 Vigo, Pontevedra
info@museosanitariovigo.es
986 09 14 24

Ver mapa

© Copyright - MUSAVI
  • Mail
  • Youtube
  • Facebook
  • Instagram
Aparello de DiatermiaCama pesa persoas
Desplazarse hacia arriba

Login

Forgotten Password?

Lost your password?
| Back to Login