Ecógrafo Siemens Sonoline
Este é o primeiro ecógrafo adquirido pola Sanidade Pública de Vigo. Empregado polo servizo de Radioloxía do Hospital Xeral durante a década dos oitenta, serviu como equipo de ultrason para obter cálculos xerais e cálculos de obstetricia e xinecoloxía en M- Mode (Motion Mode).
O M- Mode fala do tempo empregado no percorrido das ondas. Éste depende da velocidade do son. Cando existen grandes diferenzas nas propiedades acústicas dos tecidos, por exemplo ao pasar de líquido a sólido, a relación tempo- distancia deixa de ser lineal e prodúcense alteracións nas medidas.
A Ecografía tivo unha evolución moi rápida grazas á súa inocuidade, facilitando a posibilidade de practicar de forma repetida exploracións ecográficas a un mismo doente, ser riscos e cun costo relativamente baixo. Esta técnica permite obter imaxes de diagnose a partires dos ecos reflectidos pola emisión de ondas de ultrason. No seu momento foi a técnica máis avanzada de radiodiagnose. Permitía ver de forma directa esencialmente órganos sólidos do abdomen: fíado, bazo, riñóns, útero, vexiga, etc. sen necesidade de recurrir a técnicas máis agresivas.
Os primeriros ecógrafos eran estáticos, é dicir, producían unha imaxe fixa; eran moi voluminosos e difíciles de manexar, requerindo incluso a axuda de asistentes. Non é o caso do noso Sonoline, un avanzado ecógrafo cun monitor de pantalla LCD no que podemos apreciar a importancia da informática como avance científico que impulsou o desenvolvemento da Medicina.
Grazas a estes novos computadores foi posible obter significativas melloras nos equipos, como a ecografía en cor, a tridimensional ou a telesonografía. Actualmente todos os equipos son dixitais e moi sinxelos de manexar, permitindo sondas que poden penetrar incluso vasos de pequeno calibre.
Este equipo xa era máis pequeno e livián que os seus antecesores, permitindo técnicas como a sonomamografía ou a eco de tiroides que desplazaron no tempo á mamografía e a gamagrafía respectivamente.
O concepto actual de ecografía obstétrica é totalmente diferente ó establecido ata hai poucos anos. Agora é a forma máis confiable e segura de examinar ó embrión e feto e de controlar a xestación. A ecografía obstétrica permite obter unha diagnose rápida sen ter que esperar meses.
Antes a ecografía era un exame selectivo, agora é unha proba indispensable. É innegable que actualmente o ultrason é o medio diagnóstico máis útil e as súas áreas de desenvolvemento aínda se atopan nos seus comenzos cunhas posibilidades inimaxinables.
Actualmente existen máis de 60 ecógrafos e máis avanzados tecnolóxicamente na área sanitaria de Vigo.