Vaso Train

O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue nos membros inferiores. Na forma tubular de vidro que apreciamos na imaxe, unha das pernas era introducida para aplicarlle presións positivas e negativas mediante vacío.

Hoxe en día é considerada como unha das terapias máis revolucionarias en fisioterapia. O aparello deu en evolucionar para tratar tamén os membros superiores en doenzas como:

  • O síndrome RSI ou síndrome de lesións provocadas polo esforzo repetitivo, como as dores en articulacións por determinados traballos.
  • CRPS ou síndrome de dor rexional complexa na etapa 1 e 2. Epicondilitis.
  • CTS ou síndrome do túnel carpiano.
  • Inflamación post- traumática e post- operatoria
  • Aceleración na cicatrización de feridas
  • Terapia de edema (tras unha linfadectomía)
  • Terapia de dor.

A terapia de vacío intermitente provoca unha dilatación rítmica e de compresión do sistema venoso e linfático. Deste xeito aumenta a circulación, o refluxo venoso e a eliminación da linfa e dos produtos de desfeito. Ó mesmo tempo, as ondas de presión e de vacío intermitente promoven a capilarización.

Os resultados de recuperación sobre a zona afectada optimízanse mantendo un efecto a longo prazo. Este tipo de terapia aceleraba a rexeneración e rehabilitación cun efecto rápido nas terapias de dor crónica.

 

 

Bicicleta de rehabilitación

Da man da marca francesa Genin Médical, un referente dende 1947 na reeducación funcional, chega ó Hospital Xeral de Vigo un dos aparellos pioneiros no mundo da rehabilitación: unha bicicleta que combinaba o traballo dos membros inferiores coa psicomotricidade dos superiores.

Mentres o paciente accionaba os pedais da bicicleta, na parte superior do aparello, enriba dunha plataforma de madeira, movíase unha serra caladora para facer traballos de marquetería.

Genin leva 60 anos traballando no desenvolvemento de equipos de fisioterapia e rehabilitación. Esta bicicleta que data de 1960, foi unha das adquisicións do Hospital de referencia en Vigo para o tratamento das doenzas musculares e óseas nas extremidades.

Aparello de Diatermia

A Diatermia ten a súa orixe nos estudos desenvolvidos polo físico, enxeñeiro e gran Tesla, que axudado por D’Arsonval, contribuiu significativamente á ciencia a través das súas investigacións.

En 1930 foi o francés quen amosou que a frecuencia superior a 100 kHz aplicada por condución a través de electrodos de metal en contacto coa pel, fora capaz de quentar os tecidos profundos, sen efectos nocivos. Xurdiu a diatermia por condución.

Pero foi na segunda metade do século XX cando Zeyneck e Nagelschmidt melloraron a técnica a través de equipos avanzados. Estes permitiron o tratamento de diversas patoloxías mediante a aplicación de correntes de alta frecuencia (calor) nas zonas afectadas. ; o que reactiva o metabolismo celular.

Este tipo de técnica foi introducida en España en 1910 grazas ao Dr. Celedonio Calatayud. Este doutor foi pioneiro no uso da diatermia nas terapias xinecolóxicas, o que supuxo un gran avance a nivel internacional. Conseguiu desenvolver o seu propio estudio de diatermia ó mesmo tempo que os seus contemporáneos alemáns.

A diatermia está intimamente relacionada coa electroterapia. Servizos médicos privados, balnearios e hidroterapia ofrecen este tipo de sesións que nun tempo foron asociadas co tratamento de enfermidades do sistema nervioso e neurolóxicas: cabe suliñar o importante papel que tivo esta disciplina médica no tratamento da psicose, en que os doentes eran sometidos a tratamentos de diatermia cerebral na primeira década dos anos vinte usando correntes galvanizadas. Os doutores finalmente consideraron esta terapia, insegura e ineficente.

O ámbito no que se desenvolve inclúe traumatoloxía, fisioterapia, rehabilitación, medicina deportiva, reumatoloxía, xestión da dor, dermatoloxía e medicina estética.

Hoxe a diatermia ten efectos fisiolóxicos moi beneficiosos para a saúde:

  • Elevación da temperatura do tecido
  • Aumento do fluxo vascular mediante vasodilatación
  • Aporte máis elevado das endorfinas liberada
  • Antiinflamatorio
  • Antiespasmódicos
  • Difusión crecente nas membranas celulares: neuralterapia
  • Fluidificación de coloides e graxas
  • Xermicida
  • Contribución enerxética