Ecógrafo Siemens Sonoline

Este é o primeiro ecógrafo adquirido pola Sanidade Pública de Vigo. Empregado polo servizo de Radioloxía do Hospital Xeral durante a década dos oitenta, serviu como equipo de ultrason para obter cálculos xerais e cálculos de obstetricia e xinecoloxía en M- Mode (Motion Mode).

O M- Mode fala do tempo empregado no percorrido das ondas. Éste depende da velocidade do son. Cando existen grandes diferenzas nas propiedades acústicas dos tecidos, por exemplo ao pasar de líquido a sólido, a relación tempo- distancia deixa de ser lineal e prodúcense alteracións nas medidas.

A Ecografía tivo unha evolución moi rápida grazas á súa inocuidade, facilitando a posibilidade de practicar de forma repetida exploracións ecográficas a un mismo doente, ser riscos e cun costo relativamente baixo.  Esta técnica permite obter imaxes de diagnose a partires dos ecos reflectidos pola emisión de ondas de ultrason. No seu momento foi a técnica máis avanzada de radiodiagnose. Permitía ver de forma directa esencialmente órganos sólidos do abdomen: fíado, bazo, riñóns, útero, vexiga, etc. sen necesidade de recurrir a técnicas máis agresivas.

Os primeriros ecógrafos eran estáticos, é dicir, producían unha imaxe fixa; eran moi voluminosos e difíciles de manexar, requerindo incluso a axuda de asistentes. Non é o caso do noso Sonoline, un avanzado ecógrafo cun monitor de pantalla LCD no que podemos apreciar a importancia da informática como avance científico que impulsou o desenvolvemento da Medicina.

Grazas a estes novos computadores foi posible obter significativas melloras nos equipos, como a ecografía en cor, a tridimensional ou a telesonografía. Actualmente todos os equipos son dixitais e moi sinxelos de manexar, permitindo sondas que poden penetrar incluso vasos de pequeno calibre.

Este equipo xa era máis pequeno e livián que os seus antecesores, permitindo técnicas como a sonomamografía ou a eco de tiroides que desplazaron no tempo á mamografía e a gamagrafía respectivamente.

O concepto actual de ecografía obstétrica é totalmente diferente ó establecido ata hai poucos anos. Agora é a forma máis confiable e segura de examinar ó embrión e feto e de controlar a xestación. A ecografía obstétrica permite obter unha diagnose rápida sen ter que esperar meses.

Antes a ecografía era un exame selectivo, agora é unha proba indispensable. É innegable que actualmente o ultrason é o medio diagnóstico máis útil e as súas áreas de desenvolvemento aínda se atopan nos seus comenzos cunhas posibilidades inimaxinables.

Actualmente existen máis de 60 ecógrafos e máis avanzados tecnolóxicamente na área sanitaria de Vigo.

Cama pesa persoas

Outra das xoias do MUSAVI é esta cama pesa persoas da marca Borghi & Saveri. Fabricada no ano 1969 foi traída ó Hospital Xeral de Vigo para ser empregada no servizo de Nefroloxía. Alí a utilizaban para pesar ós doentes que foran sometidos a procedementos de diálise ou coidados intensivos para comprobar as fluctuacións de peso dos mesmos.

Este tipo de doentes confinados a unha cama sen poderse mover do leito dado o seu estado crítico, contaban coa solución máis segura e cómoda para eles,  unha báscula incorporada.

Esta cama integra un sistema de amortigüación sobre unha plataforma de ferro apoiada en catro rodamentos para poder ser trasladada. Na época resultou ser un dos aparellos máis novedosos adquiridos á marca italiana que escomezou a súa andadura aló polo ano 1935. Estes primeiros produtores de aparellos de pesar convertéronse nunha das primeiras marcas de desenvolvemento de motores de combustión interna para automóbiles e motos de competición.

Aparello de Diatermia

A Diatermia ten a súa orixe nos estudos desenvolvidos polo físico, enxeñeiro e gran Tesla, que axudado por D’Arsonval, contribuiu significativamente á ciencia a través das súas investigacións.

En 1930 foi o francés quen amosou que a frecuencia superior a 100 kHz aplicada por condución a través de electrodos de metal en contacto coa pel, fora capaz de quentar os tecidos profundos, sen efectos nocivos. Xurdiu a diatermia por condución.

Pero foi na segunda metade do século XX cando Zeyneck e Nagelschmidt melloraron a técnica a través de equipos avanzados. Estes permitiron o tratamento de diversas patoloxías mediante a aplicación de correntes de alta frecuencia (calor) nas zonas afectadas. ; o que reactiva o metabolismo celular.

Este tipo de técnica foi introducida en España en 1910 grazas ao Dr. Celedonio Calatayud. Este doutor foi pioneiro no uso da diatermia nas terapias xinecolóxicas, o que supuxo un gran avance a nivel internacional. Conseguiu desenvolver o seu propio estudio de diatermia ó mesmo tempo que os seus contemporáneos alemáns.

A diatermia está intimamente relacionada coa electroterapia. Servizos médicos privados, balnearios e hidroterapia ofrecen este tipo de sesións que nun tempo foron asociadas co tratamento de enfermidades do sistema nervioso e neurolóxicas: cabe suliñar o importante papel que tivo esta disciplina médica no tratamento da psicose, en que os doentes eran sometidos a tratamentos de diatermia cerebral na primeira década dos anos vinte usando correntes galvanizadas. Os doutores finalmente consideraron esta terapia, insegura e ineficente.

O ámbito no que se desenvolve inclúe traumatoloxía, fisioterapia, rehabilitación, medicina deportiva, reumatoloxía, xestión da dor, dermatoloxía e medicina estética.

Hoxe a diatermia ten efectos fisiolóxicos moi beneficiosos para a saúde:

  • Elevación da temperatura do tecido
  • Aumento do fluxo vascular mediante vasodilatación
  • Aporte máis elevado das endorfinas liberada
  • Antiinflamatorio
  • Antiespasmódicos
  • Difusión crecente nas membranas celulares: neuralterapia
  • Fluidificación de coloides e graxas
  • Xermicida
  • Contribución enerxética

Rectoscopio Conde

O rectoscopio é un instrumento tubular duns 10- 15 cm. con sistema óptico incorporado para o exame do recto.  Emprégase para a proba chamada rectoscopia: una técnica de exploración vía endoscópica pola que se pode observar a parede interior do recto, coa finalidade de detectar a existencia de pólipos, tumores e outras patoloxías do tracto rectal.

O rectoscopio consta dun tubo guía ríxido, cunha lonxitude duns 15 cm. e preparado para conter outros de diferentes diámetros dacordo cos tipos de exploración e características idiosincrásicas. Ademáis dos accesorios inclúe un aparato de iluminación directa e no seu extremo está dotado dunha cámara (endoscopio) que neste caso introdúcese polo ano. As imaxes captadas pódense visualizar nunha pantalla de tal xeito que o doutor pode observar as paredes interiores do recto coa fin de detectar as posibles alteraciones patolóxicas nelas.

O tubo ten a posibilidade de incorporar unhas pinzas para tomar mostras do tecido (biopsia) e proceder á súa análise patolóxica.

A rectoscopia permite á diagnose de diferentes enfermidades que afectan ao recto: pólipos, hemorroides internas ou un tumor maligno. A día de hoxe realízase con sedación polo que non é unha proba dolorosa para o doente.

Balanza de precisión Cobos

A Balanza de Precisión foi un instrumento inefable no campo da investigación médico- sanitaria ao longo do tempo. O seu descubrimento remóntase a Exipto cara ó 3500 a. C. grazas ao comercio. Máis tarde mellorada polo imperio romano e posteriormente polo xenio Da Vinci, foi empregada nos laboratorios para pesar pequenas cantidades de masa reactivos na realización de análise químicos ou biolóxicos. Sempre destacaron pola súa afinación aínda que moitas de estas xoias quedaran obsoletas coa aparición das básculas electrónicas.

Para obter un correcto funcionamento da balanza de precisión Cobos débense poñer todos os números un (I) á esquerda e os dous (II) á dereita, tanto dos pratos, como dos fíos que os suxeitan e o fiel. Pode ser que tamen teñan I ou II marcas no canto de números. Estes deben ficar ben postos dentro da coitela; e o soporte do fiel ben aliñado por debaixo con respecto a o fiel da balanza.

As dúas pezas roscadas que van ós dous extremos do fiel serven para axustar e centrar a agulla da escala, cando o fiel está levantado; para pesar rotando a roda/mando que hai diante e fóra da caixa de vidro que a contén.

É importante que nivelen ben a balanza cos pes niveladores e fixándose en que a burbulla do nivel quede ben centrada.

A balanza procede de España e conta cun gran potencial estético e decorativo, sendo unha peza auténtica e plenamente funcional. Está fabricada en metal plateado e pode empregarse aínda para pesar produtos e fórmulas coa máxima precisión.

A balanza conta cun mástil cilíndrico de metal. Na súa parte superior podemos ver dúas pezas de ferro fundido. Estas pezas soportan a cruz de metal plateado e axudan a manter os platillos estables. No centro da cruz está fixado o fiel, a agulla que marca o peso cunha escala graduada no extremo inferior.

A balanza atópase protexida por unha caixa fabricada en madeira maciza e vidro. A base da urna é de cor negra e leva tres platos regulables que permiten unha correcta colocación da balanza para obter pesos exactos sobre calqueira superficie. O xogo de pesas e micropesas completan esta peza nas súas caixiñas de madeira.