Electroimán Cirúrxico

A colección do MUSAVI na súa rama de oftalmoloxía conta cun aparello de grandes dimensións e moi rechamante. Estamos a falar do electroimán cirúrxico, un instrumento moi útil fácil pola familia do oftalmólogo Telmo Pérez que se empregaba para a extracción de corpos estranos metálicos intraoculares.

Os nosos antergos coñeceron que as pedras de óxido negro de ferro (imáns) posuían a curiosa propiedade de atraer pequenas pezas de ferro.
Estas pedras foron atopadas en cantidade en Magnesia, Asia Menor, localidade da que se deriva a denominación de magnetos.

En cirurxía xeral, desde tempos inmemoriais, os magnetos foron empregados para a extración de corpos estranos metálicos aloxados nos tecidos do corpo humano; así mesmo, o imán foi usado para este propósito na India, antes da era cristiá.

Feldhaus (1903) atribúe a Hieronymus Brunshwyck (1497- 1534) a primeira mención da extracción magnética dun corpo estrano do ollo. A primeira extracción dun corpo estraño intraocular foi reportada cara a 1842, cando
Nikolaus Meyer extraeu un fragmento de ferro aloxado detrás do iris, a través dunha ferida escleral, cun magneto que pesaba 30 libras. Himli (1843) extraeu un corpo extrano metálico da cámara anterior do ollo e Me Keown (1874), de Dublin, fué o primeiro en introducir un lapis magnético dentro do vítreo para remover unha partícula estrana.

Julius Hirschberg (1843-1925), asistente de Von Geraefé e profesor de oftalmoloxía en Berlín de 1879 a 1900 , aplicou por primeira vez o electroimán para a extracción de corpos estraños intraoculares metálicos imantables (1879); seguidamente escribiu dous manuais clásicos sobre operación magnética en oftalmoloxía (1885 – 1899).

Desde a introdución do electroimán na práctica oftalmolóxica, comezáronse a fabricar diferentes tipos: hainos pequenos, de man, e grandes ou fixos. Os

electroimans grandes ou xigantes caracterízanse polo seu enorme poder de atracción e o seu gran peso, polo cal necesitan un soporte firme e resistente tanto se se montan no piso ou a parede. Existen moitos tipos:
o Habb, o de Errvee, o de Volkmann, o de Cadeiras, o de Mellinger, ou o de Livingston.

Hospital Xeral, antigo Hospital Almirante Vierna

O 16 de setembro de 1955, Francisco Franco inaugura a Residencia Sanitaria Almirante Vierna, do Instituto Nacional de Previsión (INP). Ábrese con 140 camas e con 215 traballadores (38 médicos).

Esta é unha selección de fotografías que corresponden ó nacemento e funcionamento da antiga Residencia- Hospital Almirante Vierna.

Por orde podemos ver a grupos de traballadores nas dependencias das cociñas do antigo Almirante Vierna- xa en desuso Hospital Xeral. Enfermeiras da época no momento da súa inauguración.

Tamén distinguimos as primeiras imaxes da estrutura do Hospital no momento da súa construción.

Diversas celebracións, nenos doentes nas camas do Hospital na unidade de pediatría. Enfermeiras co uniforme da época. Relixiosas colaboradoras do Hospital coas enfermeiras.

Enfermeiras nunha das salas de atención aos pacientes e nas azoteas do Xeral. Doentes atendidos por unha enfermeira e unha visita.

Unha enfermeira na unidade de neonatos cos recén nados. Un doutor de atención primaria arranxando un brazo a un paciente tras romper o membro.

Diversos persoeiros coma o Doutor Santalices, e as correspondentes visitas ó Xeral- Cíes por parte das autoridades competentes.

Vista do Xeral no momento da súa construción e vista aérea de Vigo e o Pirulí no alto.

Medalla de ouro da Cidade de Vigo concedida ó Hospital Xeral

Medalla de Ouro da Cidade de Vigo concedida ao Hospital Xeral no ano 2005.

Esta foi unha das meirandes distincións concedidas ó noso Pirulí por tantos anos de traxectoria ó servizo dos habitantes da nosa cidade. O Hopistal Xeral sigue sendo un dos referentes da sanidade española a pesar do seu cese de actividade.

A entrega desta insignia coincidiu coa celebración do 50 aniversario do nacemento do Hospital, un ano no que se sucederon os actos conmemorativos para a posta en valor da actividade deste centro.

Vaso Train

O Vaso Train é un equipo de terapia por compresión de vacío. Empregábase para mellorar a circulación do sangue nos membros inferiores. Na forma tubular de vidro que apreciamos na imaxe, unha das pernas era introducida para aplicarlle presións positivas e negativas mediante vacío.

Hoxe en día é considerada como unha das terapias máis revolucionarias en fisioterapia. O aparello deu en evolucionar para tratar tamén os membros superiores en doenzas como:

  • O síndrome RSI ou síndrome de lesións provocadas polo esforzo repetitivo, como as dores en articulacións por determinados traballos.
  • CRPS ou síndrome de dor rexional complexa na etapa 1 e 2. Epicondilitis.
  • CTS ou síndrome do túnel carpiano.
  • Inflamación post- traumática e post- operatoria
  • Aceleración na cicatrización de feridas
  • Terapia de edema (tras unha linfadectomía)
  • Terapia de dor.

A terapia de vacío intermitente provoca unha dilatación rítmica e de compresión do sistema venoso e linfático. Deste xeito aumenta a circulación, o refluxo venoso e a eliminación da linfa e dos produtos de desfeito. Ó mesmo tempo, as ondas de presión e de vacío intermitente promoven a capilarización.

Os resultados de recuperación sobre a zona afectada optimízanse mantendo un efecto a longo prazo. Este tipo de terapia aceleraba a rexeneración e rehabilitación cun efecto rápido nas terapias de dor crónica.

 

 

Lámpada de Raios Uva ou Lámpada Finsen

A lámpada de Finsen recibe o seu nome do Nobel Niels Ryberg Finsen, un danés nado nas illas Feroe no ano 1860. A falla de luz solar no arquipélago e as adversas condicións climatolóxicas levoáronno a investigar sobre a luz artificial e o seus efectos fisiolóxicos. Tralo descubrimento da capacidade destrutora dos raios ultravioletas, aplicados ás colonias de bacterias, desenvolveu unha lámpada eléctrica de arco voltaico para o tratamento do lupus tuberculoso. A chamada luz de Finsen.

Este achado levouno a percibir o Nobel de Mediciña no ano 1903. Premio que xa non puido recoller por mor dunha avanzada enfermidade que rematou coa súa traxectoria profesional ó ano seguinte.

Xa dende a súa época como estudante amosou gran interese polos beneficios terapéuticos da luz solar. A súa primeira investigación xirou en torno ó illamento dun grupo de enfermos de varíola. Nun primer termo pechounos en cuartos escuros e despois expuso as vexigas ás radiacións lumínicas a través de orificios nas cortinas, cun efecto satisfactorio e diminuindo o risco de deixar cicatrices. No ano 1896 fundou o Instituto Terapéutico Finsen orientado á investigación das cualidades deste tipo de luz.

A lámpada de Finsen supuxo un gran avance en relación ao raquitismo en zonas con escasa radiación solar o que deu en investigar os efectos da luz ultravioleta como xerador de vitamina D para curar outros tipos de procesos como a depresión estacional.

Microscopio trinocular Nikon

Temos ante nós unha peza Nikon única. Trátase dun tipo de microscopio trinocular: está equipado con tres oculares que permiten o uso simultáneo do aparello por varias persoas. Tamén cabe a posibilidade de mando por dúas persoas e unha cámara conectada ó adaptador.

Os elementos ópticos do trinocular son os mesmos que no binocular; pero o prisma neste modelo, ten una construción máis complexa xa que debe dividir a luz incidente en tres raios de luz iguais.

En liñas xerais os dous oculares empregados polo observador atópanse montados cunha inclinación de 45º respecto á superficie horizontal. O terceiro ocular está montado verticalmente no cabezal do microscopio.

As partes do microscopio trinocular clasifícanse entre as do sistema mecánico e o sistema óptico.

Os microscopios trinoculares empréganse  en ámbitos profesionais para tomar imaxes de alta calidade das mostras. Serven tamén para gravar vídeos da evolución da mostra durante un espazo de tempo. Estes microscopios tamén están presentes no eido educativo para que alumnos e mestres poidan observar as mostras ó mesmo tempo.

Este modelo en concreto é un Nikon fabricado en Xapón no 1970. Foi o primeiro modelo da marca, equipado cun iluminador Kohler incorporado na base do miscroscopio permitindo fotomicrografías moi boas, cando unha cámara se montaba no adaptador.

 

Arco de estereotaxia

O arco de estereotaxia é un aparello para a cirurxía funcional do cerebro. A técnica introducida veu da man de neurocirurxáns formados en lugares dispares tales como Montreal: Dr. Aubrey Mussen e Leksell, ou Lisboa: Dr. Egas Moniz- Almeida Dasilva. Comezou a empregarse en humanos no ano 1947. O obxectivo era acceder á unha lesión ou punto do cerebro, xeralmente con agullas ou electrodos sen necesidade de abrir o cráneo.

Este instrumento intégrase dentro dun conxunto ou equipo conformado por tres máquinas en total contando co noso arco: o chamado sistema Leksell. Da nome ó seu descubridor, o doutor sueco antes citado. Os aparatos eran:

  • Arco de estereotaxia

  • Aparato de Raios X

  • Xerador de lesións

Tratábase dun sistema adicado á neurocirurxía estereotáctica como mínimo invasor.

Leksell Stereotactic System® é o sistema preferido para a neurocirurxía intracraneal exacta a día de hoxe. A proxección de imaxe, a alta rixidez da plataforma e a facilidade de emprego asegúranse de que os requisitos críticos de exactitude estén cumpridos para esta disciplina cirúrxica.

O sistema é tamén a primeira opción para as biopsias, nas que a exactitude e flexibilidade requírense para os procedementos rápidos.

Deseñado para unha operación versátil e rápida, o sistema emprega coordenadas X, Y, Z, para localizar cualqueira punto no espacio 3D. En concreto, o sistema de coordenadas CACP (comisura anterior e posterior). O arco emprega o principio do centro-de-arco permitindo o acceso completo a cualqueira área intracraneal. Ademáis, este principio permite os puntos ilimitados da traxectoria e de entrada que se utilizarán.

Modo de emprego:

O arco de estereotaxia se lle colocaba ó paciente na cabeza coa abertura cara á cabeza coma se fose unha diadema. O arco dispoñía  das agullas e a colocación necesaria para poder ser introducidas na parte do cerebro na que se precisaba unha tinción ou aire para logo facer a radiografía.

Esta mesma radiografía logo serviría como plantilla para realizar os cálculos precisos para provocar a lesión. Eiquí entraba en xogo o xerador de lesións, outro aparello que contaba cuns electrodos para medir a temperatura. A proba normalmente facíase cun ovo ou un bistec para que non superase a temperatura adecuada, e unha vez comprobada xerábase a lesión no cálculo feito no punto do cerebro (calor). No maletín deste arco atopamos a plantilla coa cuadrícula que se colocaba detrás da cabeza do paciente. Dentro da caixa de raios X tamén temos un negatoscopio con máis plantillas para realizar as medicións.

O Doutor Botana que facilitou ó Musavi a súa tese de 1968 falaba xa da utilización dun aparello similar chamado Bertrand. Este tipo de cirurxía era empregada para tratar casos de epilepsia incontrolable e a enfermidade de Parkinson ou temblores postraumáticos. Posteriormente para radiocirurxía.

A guía inicial para a introducción dos electrodos realizábase introducindo aire nos ventrículos cerebrais. As agullas de estereotaxia eran introducidas a través de trepanacións realizadas nos osos do cráneo. A versión posterior deuse en chamar Radionex. Actualmente empréganse técnicas avanzadas de marcaxe con TAC e/ ou RM pare estes fines.

Este sistema en concreto estragouse no ano 80 e non se puido reparar xa que  custaba máis o arranxo que facer uno novo. A súa procedencia cremos que está vinculada ó antigo Hospital Almirante Vierna.

 

 

 

Bicicleta de rehabilitación

Da man da marca francesa Genin Médical, un referente dende 1947 na reeducación funcional, chega ó Hospital Xeral de Vigo un dos aparellos pioneiros no mundo da rehabilitación: unha bicicleta que combinaba o traballo dos membros inferiores coa psicomotricidade dos superiores.

Mentres o paciente accionaba os pedais da bicicleta, na parte superior do aparello, enriba dunha plataforma de madeira, movíase unha serra caladora para facer traballos de marquetería.

Genin leva 60 anos traballando no desenvolvemento de equipos de fisioterapia e rehabilitación. Esta bicicleta que data de 1960, foi unha das adquisicións do Hospital de referencia en Vigo para o tratamento das doenzas musculares e óseas nas extremidades.